A Deputación felicita a Fátima Ameneiro e Edgar Vigo, Scratch Fene, polos seus éxitos deportivos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, recibiron este luns 24 na sede da institución provincial a Fátima Ameneiro e Edgar Vigo, da escudería Scratch de Fene.

Fuente Diputación de A Coruña

Fátima Ameneiro vén de recoller en Kigali (Ruanda) o trofeo que a acredita como campioa do FIA European Rally Trophy para copilotos, mentres que o piloto Edgar Vigo proclamouse subcampión de Europa por segundo ano consecutivo.

O presidente da Deputación felicitou aos deportistas feneses por estes hitos deportivos, “un recoñecemento a moitos anos de esforzo, dedicación e traballo constante”. Conseguir este galardón para a provincia da Coruña é tamén “unha mensaxe de que é posible alcanzar as metas que nos propoñamos, por máis altas que parezan, toda unha inspiración para as novas xeracións de deportistas”, afirmou.

Formoso destacou “o orgullo” que supón para a provincia da Coruña contar con deportistas que compiten ao máis alto nivel internacional e desexoulles que continúen os seus éxitos deportivos.

Pola súa banda, os deportistas feneses agradeceron o apoio dos seus sponsors, patrocinadores e afección, así como de institucións como a Deputación da Coruña, que tamén os apoia a través das súas liñas de subvencións de Deportes.

Lea también

La jugadora del Baxi Ferrol, Bego de Santiago, se perderá toda la temporada por lesión

Uno de los fichajes del Baxi Ferrol, Bego de Santiago se va a perder la …