A Deputación crea o Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social

A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de convocar a primeira edición do Fondo de proxectos singulares en lingua galega de especial interese cultural e orientados á mellora social. O prazo de presentación de propostas —a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL)— estará aberto entre o 21 de febreiro e o 21 de marzo.

Fuente Diputación de A Coruña

O novo certame premiará iniciativas culturais que desenvolvan propostas en lingua galega de interese para campos de acción social coma a igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto medioambiental, medre da estima colectiva e cohesión social, integración social, memoria democrática ou sensibilización patrimonial e identidade local.

O fondo ten unha dotación de de 300.000 euros, repartidos en 20 premios polos seguintes importes máximos, que se reducirán se o importe do orzamento  do proxecto seleccionado é menor:

Para os cinco proxectos con maior puntuación, 5 premios por un importe máximo de 22.500€

Para os cinco proxectos seguintes en puntuación, 5 premios por un importe máximo de 17.500€

Para os cinco proxectos seguintes, 5 premios por un importe máximo de 12.500€

Para os cinco seguintes, 5 premios por un importe máximo de 7.500€

“Na área de Cultura da Deputación da Coruña”, sinala a deputada de cultura, Natividade González, “apostamos por políticas públicas que poñan o foco na recuperación do sentido de identidade, de comunidade e de pertenza; en afianzar o vínculo social desde unha mirada democrática, inclusiva, diversa, acolledora e integradora”.

Para a deputada, “a cultura é o espazo dos valores, das ideas, o fío que cose comunidade, identidade e sentido de pertenza”. “A cultura”, engade, “é relación, coñecemento, construción de civismo e de xeitos de estar na vida e no mundo; unha ferramenta de formación e transformación para a vida mellor”.

O novo fondo é, segundo González, “outra aposta do noso departamento por políticas públicas que apoien claramente a diversidade cultural e garantan o dereito á produción e ao acceso cultural no noso idioma, que se atopa nunha situación preocupante». “Non desenvolver políticas de apoio á lingua galega supón contribuír, por abandono de responsabilidade pública, á súa minoración social e á continuidade e agravamento da desigualdade hoxe existente”.

As bases do certame poden consultarse e descargarse no BOP do 14 de febreiro.

Lea también

La Xunta impulsa al comercio local con 74 acciones enmarcadas en el nuevo Plan Estratégico del sector

La Xunta de Galicia acaba de presentar el nuevo Plan Estratégico del comercio de Galicia …