A Agrupación Instrutiva de Caamouco, Ares, celebra o Entroido

A Agrupación Instrutiva de Caamouco vivirá por todo o alto o Entroido 2025. A Sociedade deseñou unha completa programación, na que a gastronomía e a troula para todas as idades son as protagonistas.

Fuente AIC

A primeira das xornadas terá lugar este sábado 22 de febreiro. A partir das 14:30 horas a Agrupación ofrecerá un xantar de Entroido, cun completo menú típico destas datas, composto por sopa, cocido completo con grelos, pan, viño de Barrantes, torrijas, café e chupito. O número máximo de comensais é de 60, por orde de inscrición a través do teléfono 616 74 02 05.

O prazo para o público xeral xa está aberto. O prezo para socios é de 27 euros e para non socios de 30 euros. Para a rapazada (ata 12 anos) o menú infantil terá un prezo de 12 euros.

Fuente AIC

A partir das 17:00 horas, a música e a troula serán as protagonistas, con propostas abertas a todo o mundo. Primeiro coa actuación da comparsa fenesa Santa Compaña, en colaboración con Radiofusión. O grupo ofrecerá unha escolma de cancións con letras ateigadas de humor e retranca. A continuación, contra as 18:00 horas, arrancará o baile de entroido amenizado por DJ Luiso.

Ao día seguinte, o domingo 23, a festa continúa co baile de disfraces infantil. Será a partir das 17:00 horas. Haberá unha chocolatada de balde para todos os asistentes e da man dos animadores de La Guagua, a Agrupación ofrecerá aos nenos unha completa festa con xogos, música e un obradoiro de pintacaras.

Lea también

Valdoviño crea un directorio online con la oferta comercial de la localidad

El Ayuntamiento de Valdoviño está trabajando en una nueva iniciativa de dinamización del comercio local, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *