A mocidade de Cedeira realiza un diagnóstico do municipio a través dos Orzamentos participativos

Avanza co alumnado de terceiro da ESO de Punta Candieira a quinta edición do proceso, consolidado xa como unha iniciativa singular dentro de España.

Fuente Concello Cedeira

O alumnado de 3º da ESO do IES Punta Candieira está a avanzar na elaboración dos Orzamentos Participativos coa elaboración dun diagnóstico da vila, identificando problemas, debilidades, fortalezas e recursos como base para propoñer investimentos de mellora verdadeiramente acaídos. As primeiras sesións de traballo desta fase do proceso desenvolvéronse esta semana, os días 21 e 22, e continuarán o 11 e 12 de febreiro cun obradoiro formativo sobre a confección e estruturación de proxectos.

Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira

Cómpre recordar que estes son os quintos Orzamentos Participativos do Concello de Cedeira e que o proceso constitúe xa unha iniciativa singular dentro de España. É así por estar en mans da mocidade e concentrarse nun curso escolar, tamén polo relevante orzamento (20.000€) e pola súa continuidade desde o curso 2020/21, o que fixo que a experiencia estea xa interiorizada polo alumnado, as súas familias e o profesorado, que se implica na impartición de contidos relativos á democracia local, a investigación participativa e a elaboración de proxectos.

Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira

Entre as primeiras propostas formuladas no traballo de diagnose están a mellora de iluminación en determinados espazos públicos, a ampliación da oferta de ocio para a mocidade e dos equipamentos deportivos, a dotación de máis espazos cubertos para o lecer, un parque canino…

Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira

Nas vindeiras sesións aprenderán a estruturar as súas propostas definindo obxetivos, actividades, impactos sociais e custes económicos. O alumnado terá que elaborar proxectos para que sexan validados polo persoal técnico municipal, que considerará se entran nas competencias do Concello, se son factibles técnica e xuridicamente e se son abordables co custe máximo dos 20.000€ reservados aos Orzamentos Participativos.

Fuente Concello Cedeira

Os investimentos abordados en anos anteriores e o traballo que se leva feito ata o momento nesta quinta edición do programa confirma o interese da mocidade de Cedeira polo lecer saudable, a práctica deportiva, a promoción do patrimonio natural e as accións culturais.

ente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira

Lea también

En Pontedeume el CEIP Ombre busca dos nuevas matrículas para evitar su cierre

El colegio de esta parroquia de Pontedeume está celebrando jornadas de puertas abiertas para darse …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *