O Ares Indiano se saborea con 7 showcookings e 2 degustacións de chocolate

O Concello de Ares, grazas á involucración da Deputación da Coruña no evento dentro da súa campaña ‘A paisaxe que sabe’, contará cunha carpa gastronómica e un mercado de artesáns que se instalarán no Parque Rosalía. A cociñeira Nair González, unha das mellores chefs da provincia, e o especialista en elaboracións con chocolate Tomás Rodríguez, de OXOCO, serán os encargados de facer realidade as mostras de cociña en directo.

O parque Rosalía de Castro en Ares estreará un novo lugar de referencia para a promoción dos produtos galegos e do talento gastronómico dentro do VIII Ares Indiano. Será alí, no denominado como ‘Espazo Deputación’, onde a veciñanza atopará un mercado de artesáns con produtos elaborados con coidado e calma, mais tamén unha nova carpa que acollerá 7 showcookings e 2 degustacións de chocolates ao longo do 22, 23 e 24 de agosto.

A proposta, no marco da campaña da Deputación da Coruña ‘A paisaxe que sabe’ na que se inscriben axentes agroalimentarios e de restauración caracterizados pola sustentabilidade e calidade, fará que convivan as dúas experiencias e ofrecerá un percorrido pola artesanía galega, mais tamén polo sabor da emigración.

Os sete showcookings serán a cargo de Nair González, unha das mellores cociñeiras da provincia, que fundirá os sabores dun lado e outro do Atlántico nas súas elaboracións cun menú singular, incluíndo froitas caribeñas e produtos do mar galego. As propostas de Nair González repartiranse entre os tres días do Ares Indiano 2025:

Venres, 22 de agosto
Tosta de sardina afumada
 Cremoso de queixo, coco e piña (mañá e tarde)

Sábado, 23 de agosto
Langostino con mojo de maracuyá (mañá)
Arepa de costela e mango encurtido (tarde)
Torrada de pan de millo con crema de plátano (mañá e tarde)

Domingo, 24 de agosto
Ropa vella de polbo
Trufas de chocolate á galega

E completará a oferta gastronómica Tomás Rodríguez, responsable da firma de Pontedeume OXOCO, para facer dúas degustacións de produtos de chocolate artesanais, feitos polo propio Tomás, con sabores ligados á paisaxe e cultura de Galicia.

Mais o Espazo Deputación sito no Parque Rosalía de Castro non acollerá exclusivamente isto, senón que tamén se poderán desfrutar de actividades de dinamización e do espectáculo musical CORES, unha proposta prevista para o 22 de agosto ás 20:00 horas na que se combinarán música en directo, danza, interpretación e rodaxe audiovisual con catro números musicais itinerantes, todos eles tomando a inmigración como fío condutor.

Temas como a procura de oportunidades, a violencia, a precariedade ou a liberdade do migrante serán centrais no espectáculo de CORES, que principiará na praia de Ares, discurrirá cara o paseo marítimo e rematará no Espazo Deputación, con máis de 10 intérpretes da serie Artistas de Reserva e 35 bailaríns da academia All Dance Studio.

Lea también

Mugardos avanza en el proceso de expropiación en el monte para ampliar el saneamiento con la señalización de parcelas

El Ayuntamiento de Mugardos informa que se continúa avanzando en el proyecto de expropiación forzosa …