A Deputación adxudica a 3ª fase da travesía de Aneiros a Cabana, Ferrol, cun investimento de 654.375€

A Deputación da Coruña da Coruña acolleu a sinatura do contrato para a execución da terceira e última fase das obras de ampliación e mellora da seguridade viaria na estrada DP-3612 de Aneiros a Cabana, en Ferrol, por importe de 651.375 euros.

Fuente Diputación de A Coruña

A este orzamento hai que sumar os 135.036 euros destinados ás expropiacións dos terreos necesarios para a ampliación do vial, xa completadas. 

As obras darán continuidade ás realizadas en Serantes, onde a primeira e a segunda fase das obras supuxeron a ampliación da estrada e a construción de beirarrúas, o que supuxo unha notable mellora da seguridade peonil para a veciñanza.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Nesta nova fase, as obras desenvolveranse entre os puntos quilométricos 1+180, coincidindo coa intersección coa estrada a Balón, e 1+640 e incluirán a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho con beiravías de 0,5 metros e construción de beirarrúas de dous metros de ancho que contribuirán a mellorar a seguridade peonil nun vial que rexistra un intenso tráfico e casas moi preto da estrada.

O proxecto inclúe tamén a renovación dos servizos afectados, como a rede de saneamento e abastecemento de aug, e a instalación de nova iluminación con  luminarias LED, máis eficientes e con menor consumo eléctrico que as actuais lámpadas de vapor de sodio.

As tres fases do proxecto suman un investimento total de 1,7 millóns de euros. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que coa adxudicación desta última fase, o goberno provincial cumpre o compromiso adquirido coa veciñanza de completar a obra, creando unha travesía accesible e segura para os peóns ao longo de case 1,7 quilómetros nunha zona onde existen numerosas vivendas pero que carecía dun andén seguro para poder circular a pé.

Lea también

Ferrol en Común critica la “falta de empatía” del gobierno local con los vecinos en el pleno

En la tarde de este jueves tuvo lugar el pleno ordinario del mes de enero …