I Encuentro Internacional de Ourense en Short Track

Ourense asenta as bases

Desenvolveuse o pasado sábado o I Meeting Internacional de Ourense baixo unha gran espectación e importante número de público asistente, que disfrutou da actuación dalgúns e dalgunhas das grandes atletas de rango internacional do panorama atlético actual.

Malia que se trata da primeira edición, compre destacar o gran traballo organizativo levado a cabo por todas e todos cantos se involucraron nesta organización así como o gran apoio institucional dispensado pola Xunta de Galicia, Concello e Deputación de Ourense, quenes sentaron as bases para facer deste Meeting un gran proxecto de futuro.

Bos rexistros

A nivel de rexistros lográronse nada menos que un total de 23 mellores marcas personais e interesantes disputas como a protagonizada na final dos 60 m. entre as hispanas Jael Bestué e Maria Isabel Pérez con triunfo na final para a primeira con 7.30. Sobre a distancia raiña da velocidade indoor destacaron as mellores marcas personais logradas polas galegas Arancha Vázquez, Alma Bello e Alba Comesaña.

A gran atracción galega situábase no lanzamento de peso ca participación da olímpica e plusmarquista de España Belén Toimil quen lanzaba ata os 16.85 m. sobre un círculo que daba o triunfo final á lanzadora portuguesa Eliana Arruda con 18.29 m.

No resto de concursos, triunfo para o catalán Artur Coll en pértega quen aproveitaba o seu paso por Expourense para lograr unha das MMP con 5.51 m. No foso de lonxitude, dominio claro da saltadora vasca e semifinalista no europeo de Munich, Irati Mitxalena quen chegaba ata os 6.39 m.

Bo comezo de ano para Jacobo Soler nos 400 marcando o terceiro posto da proba con 47.39 nunha carreira gañada por Markel Fernández con 46.37.

Outro dos galegos que tomaban parte no meeting era o internacional Hugo Vázquez sobre  os valos, rematando na terceira posición por debiaxo dos oito segundos con 7.98. O gañador da proba foi finalmente o semifinalista mundial portugués Abdel Kader Larrinaga con 7.85.

No medio fondo e fondo o olímpico ugandés Tom Dradriga facíase co primeiro posto nos 800 m. con 1:46.48 sendo a francesa Adele Gay quen facía o propio sobre a distancia dos 1.500 m. cun rexistro de 4:18.58 e onde as galegas María Estévez,  Paula de la Torre, Sandra Mosquera, Begoña Domínguez, así como Ero Doce sobre os 800 m.,  lograban a súa mellor marca personal.

Probas de promoción

Previamente á disputa do Meeting internacional, desenvolveronse un amplo programa de probas para as categorías base que contaron cunha gran participación.

Lea también

Naïm García refuerza el ataque del Racing Club Ferrol

El futbolista, que llega en calidad de cedido desde el CD Leganés, ocupa la demarcación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *