Fene acolle a exposición do XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica

A mostra, que inclúe as coleccións gañadoras e unha selección das que se presentaron ao certame, poderá visitarse na sala de exposicións temporais do centro sociocultural fenés até o vindeiro 31 de xaneiro. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
 
 
O pontevedrés Vicente Fraga Fernández foi o gañador en 2024 do certame fotográfico que convoca a Deputación da Coruña. Fraga acadou o galardón por unha colección titulada Alén, a mellor, para o xurado, das 55 que se presentaron ao concurso, un dos máis prestixiosos dos que se conceden en todo o estado. O comité avaliador, formado por Pepe Baeza Gallur, Sandra Balsells, Chema Madoz, Carmen Dalmau, Juan María Rodríguez e pola deputada de Cultura Natividad González, concedeu, ademais, unha Mención de Honra á serie Nordés, do ourensán Miguel Muñiz.
 
De Alén, o xurado valorou “a coherencia na poética da memoria e o deterioro do espazo das persoas arraigadas no seu medio”. Para o comité, Nordés ten o mérito “da captura poética dunha atmósfera e a coherencia dunha visión íntima dun lugar e dunhas xentes, onde as forzas elementais da natureza se transmiten con eficaz sinestesia: un documento vívido que máis que amosar fai sentir”.
 
O xurado tamén selección, amais das premiadas, catro coleccións que forman parte do catálogo (dispoñible na sala de exposicións) e da mostra itinerante que o certame programa por cada edición en concellos da provincia da Coruña. Son: Fin de la faena, A quién, El terremoto de Turquía, e Usar y tirar, perversa moda rápida.
 

Lea también

El Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos empieza el año con una intensa agenda

El Museo mugardés comienza el año con actividades especiales para profundizar en la cultura y …