Protección Civil de Ares presenta o balance 2024

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Ares presentou esta semana o seu balance anual para o 2024, un documento que recolle as principais actuacións do corpo dende xaneiro ata decembro.

O balance, que desagrega a súa actividade por mensualidades, permite achegarse á panorámica xeral do funcionamento de Protección Civil de Ares, que pechou o 2024 cun total de 260 operativos.

Do total, 73 deses operativos foron intervencións contabilizadas polo servizo do 112 (asistencia en accidentes en estrada, incidencias de animais en estrada ou verquidos…); 78 participacións en dispositivos de seguridade como caminatas, cabalgatas, regatas ou outros eventos que precisan de supervisión; 101 operativos fóra da contabilización das emerxencias do 112, que atinxen a tarefas rutinarias e intervencións sinxelas sen riscos e, finalmente, 8 extraccións de niños de velutina.

En termos cualitativos, o balance da agrupación local amosa unha contribución constante nos dispositivos que se despregan para a regulación do movemento en actividades con gran volume de persoas que se realizan en Ares, amais de intervencións en estradas do termo municipal, con actuacións en accidentes ou xestión de animais que se atopen nos viarios.

Ademais, no documento de peche da anualidade pasada contémplanse picos de operativos de Protección Civil de Ares precisamente en períodos onde incrementa a oferta de eventos e actividades municipais ou do tecido asociativo, especificamente en verán e tamén en datas de Nadal.

Lea también

As Pontes invierte 18.000€ en renovar el parque biosaludable Municipal

El Ayuntamiento de As Pontes invirtió 17.982 euros en la renovación de los equipos de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *