
O Concello das Pontes continúa coa súa programación cultural de Nadal despois da celebración da Noiteboa e o día de Nadal.
Este 26 de decembro a compañía Gramola Gominola achegarase ata o Auditorio Municipal Cine Alovi, a partir das 18:00 horas, con Aí ven o apalpador, un espectáculo musical familiar onde o público asistente poderá gozar coas mellores cancións de Nadal da Gramola.
Por outra banda, desde este xoves e ata ao 30 de decembro e os días 2 e tres de xaneiro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, o Patio do Colexio Santa María acolle a proposta Tempo de Nadal, dirixida a nenos de entre 3 e 14 anos, a través da que poderán gozar con diferentes áreas de xogo dos seus xoguetes e libros favoritos.
O día 27 de decembro, ás 18:00 horas, será a queda para o espectáculo Palabras de Baobab Teatro, que achegarán ata o Auditorio Municipal Cine Alovi unha proposta musical e teatral sobre a lingua galega.
O domingo, 28 de decembro, o Auditorio Municipal Cine Alovi acolle a partir das 18:00 horas, o espectáculo Teatro de Papel de Rauxa Compañía, un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de marionetas extraordinarias, o clown e o teatro físico, busca reivindicar o poder da imaxinación.
Durante a fin de semana, na Casa Dopeso proxectarase Niko 3 (sábado e domingo ás 17:00 horas) e Por donde pasa el silencio (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas)
O día 30 de decembro, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18:00 horas, tomará o relevo Voilá Producións co espectáculo A la luna, no que o público se achegará a historia de Tara, unha nena que soña con ser astronauta e xa o día 31 de decembro, desde ás 12:00 horas, as rúas do centro urbano encheranse co música da charanga da Carmiña.
Os días os días 2 e 3 de xaneiro, desde ás 16:00 ás 20:00 horas, o Tren de Nadal chegará a As Pontes para facer un recorrido pola vila e ver todo o alumeado Nadal.
O día 3 de xaneiro, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 20:00 horas haberá un concerto do grupo local Poco cualificados e o día 4 de xaneiro, haberá un baile de reis, no Patio do Colexio Santa María, a partir das 22:30 horas, a cargo do Grupo Origen.
A programación de Nadal terá o seu broche de ouro o día 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis Magos, que sairá ás 18:00 da Rúa Monte Caxado para facer o seu percorrido habitual e rematar na casa do Concello cunha recepción real.