Valdoviño pecha a programación cultural deste ano co concerto de Blues do País

O Concello de Valdoviño convida á cidadanía a asistir este sábado 28 de decembro ao concerto de «Blues do País» na fantástica contorna da praia da Frouxeira. 

A actuación, coa que se pecha a programación cultural do ano, arrincará ás 18:00 horas nas inmediacións do parque infantil, e ao seu remate, celebrarase o acto de entrega dos premios do IV Concurso de Decoración de Nadal.

Iseo Agilda e Brais das Hortas forman dúo en «Blues do País», un grupo de versións dos grandes clásicos do blues, soul, rhytm ́n blues… adaptados á idiosincrasia e retranca galegas. Garantizan enerxía e entrega total en cada directo, cunha discografía coidada e música de calidade, en galego, misturada con teatro, clown e improvisación.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …