70 postos participan no “XV Mercado de 2ª man” en Narón, Sedes

A décimo quinta edición do “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón celebrarase este domingo 22 no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Un total de 70 postos instalaranse no citado recinto, tal e como avanzou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e abrirán as súas portas en horario de mañá e de tarde, de 10.30 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas. A entrada é de balde.
 
 
Do total dos postos presentáronse 47 solicitudes de Narón; 26 de Ferrol, 6 de Valdoviño, 2 de Neda e outros tantos de Pontedeume, Cabanas e Cerdido; 3 da Coruña outros 3 de Arteixo; e tamén algúns de concellos como Fene, Carral, Miño, Sada, Oleiros, Cambre, e Laracha.
 
Os postos correspóndense todos con persoas particulares maiores de idade, non comerciantes nin vendedores ambulantes e teñen prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas. Xoguetes, libros, louza, roupa, mobles, bicicletas, bolsos, artículos de decoración, bisutería, lámpadas… son algúns dos produtos que se poderán adquirir neste mercado, indicou Gómez.
 
A listaxe de postos admitidos -que deberán montarse este sábado de 18:00 a 21:00 ou o domingo de 8:00 a 10:00 horas- está publicada na Sede Electrónica do Concello de Narón. “Este mercado é xa unha das citas obrigadas na nosa cidade nas datas de Nadal e ten moi boa acollida, como así o constatan as anteriores edicións”, apuntou a edil naronesa. Gómez asegurou que a través desta convocatoria “dámoslle unha segunda vida a moitos produtos ou artículos aos que os seus propietarios xa non lles dan uso, pero que poden interesar a outras persoas”.
 
Un ano máis este mercado terá unha vertente solidaria, polo que as persoas que instalarán os postos doarán catro quilos de alimentos ou produtos de limpeza que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón -tal e como se recolle nas bases-.
 
A maiores, haberá un posto no que se poderán realizar tamén doazóns particulares das persoas que se acheguen ao evento de alimentos de primeira necesidade e produtos de hixiene.

Lea también

Narón acolle a presentación do libro “21.Solamente”, de Raquel Villanueva Lorca

A Biblioteca municipal de Narón acolle este venres 20 ás 18:30 horas a presentación da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *