O saxo de Perico Sambeat abre a 9ª edición do festival Jazz de Ría cun concerto no Pazo da Cultura de Narón

O Jazz de Ría arranca este venres día 15 cun concerto de altura que lle dará ao público a oportunidade de escoitar a un dos mellores saxos do panorama estatal, interpretando unha proposta na que a elegancia e a sorpresa do jazz se unirá aos ritmos cálidos e festivos do flamenco. A emoción está asegurada e aínda é posible conseguir entrada de balde chamando á billeteira do Pazo da Cultura.

Perico Sambeat chegará a Narón

Perico Sambeat chegará a Narón despois de actuar nos mellores festivais e auditorios do mundo, para facernos gozar cos temas de Roneando, nos que emprende unha viaxe sonora cara os ritmos flamencos nos que demostra a súa habilidade para explorar novos camiños enredando o jazz con bulerías, tanguillos, alegrías e seguidillas, acompañado por un quinteto de elite integrado por Albert Sanz García -ao piano, Miquel Álvarez Ramos no contrabaixo, Sergio Martínez Díaz co caixón e a percusión e Vicente Porcar Arnau na batería.
 
Paixón e técnica únense no estilo envolvente do saxofonista valenciano que Iniciou os seus estudos de música aos seis e forxou o seu talento no Taller de Músics de Barcelona e na New School de Nova York, onde puido tocar con lendas do jazz como Le Konitz, Jimmy Cobb ou Joe Chambers.

A súa prolífica carreira profesional rexistra mais de 20 discos ao seu nome e máis de 150 como colaborador, con artistas como Dave Douglas, Ron Carter, George Colligan, Eddie Henderson, Bruce Barth, Michael Brecker, Wallace Roney e un longo etcétera.

Lea también

David Cepo trae al auditorio de Ferrol su espectáculo «No cruces los brazos»

La estrella cómica del momento, David Cepo, visita este viernes 3 de octubre el auditorio …