Cabanas solicita unha reunión urxente con Demarcación de Estradas

Tras as caravanas provocadas o mércores 11 como consecuencia das obras de reparación da Ponte de Pedra, dende o Concello de Cabanas «solicitamos unha reunión cos responsables da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para amosar o noso malestar pola situación de onte (con medidas insuficientes para regular o tráfico), esixir máis información aos Concellos e a veciñanza sobre a planificación e horarios dos traballos (ata agora insuficiente), e reiterar a petición de Cabanas de liberar a AP9 neste tramo co fin de aliviar o tránsito de vehículos».

«Se ben os primeiros días foron con tráfico áxil, o aumento da zona cortada onte provocou un colapso en pouco tempo, o que evidencia a necesidade de máis medidas de cara ao futuro».

Dende o Concello de Cabanas «reiteramos a necesidade de realizar estas obras dado o estado da ponte, pero sendo necesario a compatibilidade coa vida da veciñanza«.

Lea también

Neda celebra una nueva edición de su “Cocido intergeneracional de carnaval”

Neda prepara los fogones de cara al carnaval 2026. Una celebración que finalizará en la …