72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental e cambio climático organizados polo Concello. Trátase dunha iniciativa impulsada a través da concellería de Medio Ambiente, presidida polo edil Manuel Ramos, e na que participan persoas de diferentes idades.

Impartiranse durante esta semana e a vindeira na Casa da Mocidade, na Ludoteca municipal e nos centros comunitarios Manuela Pérez Sequeiros e Vivendas da Mariña.

Un total de 72 persoas que realizan actividades municipais participan nestas propostas, compostas por dinámicas participativas e grupais e que teñen entre os seus obxectivos “dar a coñecer a comprensión complexa do medio ambiente a partir da análise compartida do fenómeno do cambio climático, sensibilizar á cidadanía sobre o consumo enerxético responsable, a protección do planeta e dar a coñecer posibles accións a levar a cabo para frear o cambio climático”, tal e como indicou Ramos.

Na xornada deste mércores 11 pola mañá, entre as 9:30 e as 12:30 un total de quince persoas participaron nos obradoiros da Casa da Mocidade, todos eles das actividades municipais Apodérate e Volve á clase. Esta mesma tarde, de 16:30 a 18:30 será o turno de dez persoas do grupo de mulleres maiores de 18 anos no Manuela Pérez Sequeiros.

As seguintes sesións serán este xoves e os vindeiros luns e xoves da próxima semana, coa participación de grupos de persoas maiores de 65 anos e de alumnado de secundaria de 12 a 15 anos da actividade Reforzando futuro. Nos obradoiros lévase a cabo o xogo “efecto dominó”, de elaboración dun mapa conceptual visual sobre o cambio climático, experimentos para comprender o efecto invernadoiro e un obradoiro de confección de xabón reciclado, tal e como explicou Ramos

Lea también

Un hombre herido al ser atropellado en un paso de peatones en la carretera de Castilla, en Narón

Un hombre resultó herido sobre las 8,30 horas de este miércoles al ser atropellado en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *