A Escola de Participación Cidadá continúa en Narón cos Consellos Territoriais

A concelleira de Participación Cidadá de Narón, Olga Ameneiro, anunciou novas datas de celebración dos Consellos Territoriais a través a través da Escola de Participación Cidadá.

Entre finais deste mes e o próximo mes de decembro está previsto que se leven a cabo nos diferentes centros cívicos sociais os Consellos Territorias nas parroquias pendentes de celebración. Este lúns 27 de outubro, entre as 18 e 19:30 horas, terá lugar o de Sedes; o día 29 tamén deste mes, ás 19:00 horas o da Gándara, que se celebrará, neste caso, no centro Manuela Pérez Sequeiros debido ás obras que se están a levar a cabo no propio centro cívico social.

No mes de novembro están programados, o de Piñeiros, día 11 ás 17:00 horas; o día 12 o de San Mateo a partir das 18:00 horas; o 24 ás 16:30 horasm será no Val; e o 26 ás 19:00 horas o de Freixeiro, no local social de Virxe de Fátima.

Xa no mes de decembro terán lugar os Consellos de Pedroso, día 9 ás 19:00 horas; e o día 10 o de Xuvia a partir das 19:00 horas.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre estes Consellos Territoriais poden poñerse en contacto coa Escola de Participación Cidadá de Narón a través do número de teléfono 603 865 413 ou do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.gal.

Lea también

Os bombeiros do SPEIS de Narón recibiron formación sobre cisternas de GNL

Os Bombeiros de Narón recibiron esta semana unha formación sobre cisternas de GNL (gas natural …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *