O Pazo da Cultura de Narón acolle a exposición «Arte en tinta»

O Concello de Narón, ABANCA e Afundación inauguran este xoves 12 de decembro, ás 12.00 horas, no Pazo da Cultura, a exposición «Arte en tinta». Asistirán Pablo Mouriz, concelleiro de Urbanismo, Obras e Recursos Humanos en Narón; José Manuel Vilariño Orgeira, coordinador institucional de ABANCA na Coruña; Óscar Salgado Seijas, director territorial de ABANCA na Coruña; Óscar López Fernández, director zona Ferrol de ABANCA; e Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación.

A partir dunha escolma de obras da Colección Afundación, nace «Arte en tinta», un percorrido por conceptos, temas, estilos e linguaxes, presentes na arte contemporánea a través de nomes destacados do panorama español e galego. Poderase visitar ata o 12 de xaneiro, de luns a sábado en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade

Lea también

La zarzuela «Doña Francisquita» llega al teatro Jofre en Ferrol

DRAO Producciones trae al teatro Jofre este sábado a las 20:30 horas una de las …