Ares ultima a I Ruta Ciclista Popular

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón; o técnico deportivo do Concello, Javier Sánchez, e Dani Galdo e Eloy Rodríguez, representantes do Club Pulpeiros BTT, presentaron no consistorio de Ares a I Ruta Ciclista Popular, un novo evento que se promove no marco da programación municipal de Nadal o vindeiro 28 de decembro.

Tanto Concello como Pulpeiros BTT aproveitaron a presentación no consistorio para facer fincapé no seu carácter de novidade, amais de enfatizar o seu fondo: un percorrido en bicicleta polo casco de Ares e a súa contorna de 15 quilómetros e deseñado cunha dificultade baixa para que todo o mundo poida gozar dela.

Sairase ás 11:00 horas do aparcadoiro de Pedrós e percorrerá diferentes sendeiros e estradas para rematar despois na praza da Igrexa, onde haberá un avituallamento e un sorteo de agasallos entre os participantes. Con todo, dende a organización apuntan que, no caso de climatoloxía adversa, este sorteo se trasladará á pista cuberta exterior do CPI As Mirandas.

A ruta é completamente de balde, destinada a calqueira persoa que queira participar coas únicas condicións de saber montar en bicicleta de xeito independente e tela correctamente mantida.

O proceso de reserva de praza está operativo até o martes 23 de decembro, ben na Alianza Aresana, ben na web institucional www.concellodeares.gal, no apartado adicado á programación cultural- deportiva de Nadal.

Lea también

Las actividades deportivas de Valdoviño Saludable darán comienzo la próxima semana

Cerca de 250 vecinos de todas las edades formalizaron su inscripción en la programación diseñada …