O Outono das Artes da Deputación trae a San Sadurniño a obra infantil «Hugo»

A Deputación da Coruña ten en marcha desde outubro a programación Outono das Artes, a través da que se programaron mútliples espectáculos e actividades. Hai unhas semanas tivemos a proxección do documental “Bravú XXX” sobre este movemento musical e cultural que sacudiu Galicia nos anos noventa. E este xoves 5 o programa provincial traerá a obra “Hugo”, dirixida á rapazada máis pequena do CPI de San Sadurniño. 

“Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo todos os días. A Laia gústalle falar e coidar as súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro do autismo. HUGO é, en definitiva, un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse”.

Deste xeito resume a compañía Os Náufragos Teatro a obra que poderán ver as nenas e nenos máis pequenos do colexio na mañá este xoves. Unha peza  para todos os públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as microdiscriminacións cotiás que viven as persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA).

“Hugo” non só reflicte situacións habituais, senón que tamén lle lanza ós nenos unha mensaxe sobre a empatía, a necesidade de comunicarnos e a importancia da diferenza, xa que “ser diferentes fainos grandes”.

A obra, premiada en 2022 nos María Casares, escribiuse con asesoramento de ASPERGA, a Asociación Galega de Síndrome de Asperger,  e está interpretada por Jimmy Núñez no papel de Hugo e María Roja no de Laia, baixo a dirección de Gustavo del Río.

A representación durará arredor de 40 minutos e chegará a San Sadurniño gracias ao ciclo Outono das Artes da Deputación  da Coruña. Será a  partir das 12:00 horas na Casa da Cultura.

Lea también

‘Vaca Films’ finaliza la grabación del largometraje ‘Dímelo bajito’, rodado en Galicia

El director de la Axencia Galega das Industrias Culturais visitó el equipo de la película …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *