O filme de animación “Migración. Unha viaxe patas arriba” proxéctase a noite do martes na rúa Real de Neda

Cartel de «Migración»-Fuente Concello de Neda

O Concello de Neda programa este martes, no marco do ciclo de lecer “Miúdo verán. Cultura en familia” unha noite de cine ao aire libre na rúa Real. Desta volta, proxectarase a cinta de animación “Migración. Unha viaxe patas arriba”. A longametraxe está especialmente dirixida ao público infantil. Illumination, o estudo creativo do que saíron éxitos como “Minions”, “Gru: mi villano favorito” ou “Mascotas” presenta esta comedia orixinal de acción e aventuras sobre as divertidas vacacións dunha familia de patos, os Mallard.

Dirixido por Benjamin Renner, e con guión de Mike White, creador da recoñecida serie “The White Lotus” o filme, que se proxectará a partir das 22 horas, narra unha viaxe dende Inglaterra ata Xamaica na que nada sae segundo o previsto. Con todo, a experiencia axudará aos Mllard a descubrir horizontes descoñecidos, facer novos amigos e vivir peripecias que xamais imaxinaron, ademais de permitirlles coñecerse mellor.

A oferta cinematográfica, totalmente gratuíta, chega a Neda co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña. En caso de chuvia, a actividade trasladarase á Casa da Cultura.

Lea también

489 Aniversario de la Infantería de Marina. Interesante conferencia en Ferrol sobre los Tercios Españoles

(Gráficas Galicia Ártabra)Dentro de los actos de la celebraciòn de 489 aniversario de la Infantería …