O Plan de Sostibilidade Turística para Xeoparque Cabo Ortegal inicia actuacións de mellora

O Plan de Sostibillidade Turística Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal liderado pola Deputación de Coruña e financiado con fondos NEXT GENERATION a través do Ministerio de Turismo e Industria inicia as actuacións destinadas á mellora do sector agroalimentario e turístico, que están enfocadas no eido da dixitalización, a formación en sostibilidade, a formación e capacitación para crear un marca territorial dos productos alimentarios e a gastronomía local coa finalidade de fortalecer o tecido económico local para ser máis sostibles e competitivos. 

O Vicepresidente da Deputación de Coruña, Xosé Regueira, dou conta dos avances das actuacións do Plan ante os alcaldes dos concellos do Xeoparque Cabo Ortegal nun encontró executivo de traballo celebrado na Casa da Xuventude de San Sadurniño e posteriormente nun encontro, na Casa da Cultura da mesma localidade, con productores, asociacións, empresarios e técnicos locais. Neste último encontro,  as empresas consultoras que realizaron os diagnósticos de análise territorial e de necesidades do sector presentaron os resultados dos seus traballos e as propostas a desenvolver nos vindeiros meses.

Neste sentido, avanzáronse as actuacións que a Deputación vai desenvolver dentro deste plan e que abarcan formación e asesoramento no eido dixital, promoción do sector agroalimentario e gastronómico do  Xeoparque, capacitación das empresas do territorio para acreditación turística, xestión sostible de acordo ás directrices do recoñecemento da UNESCO e a Carta Europea de Turismo Sostible así como a creación dunha marca de calidade e promoción para os produtos do Xeoparque Cabo Ortegal. Ditas actuacións movilizarán máis de 200.000 euros dos que poderán beneficiarse as empresas locais, futuros emprendedores e técnicos de turismo e desenvolvemento local.

O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, apuntou a importancia de aproveitar estes fondos para o desenvolvemento turístico do territorio desde o punto de vista da calidade e da promoción do territorio do Xeoparque como un espazo diferenciado cun relato moi singular. Ademais, avanzou que durante o 2025 se executará a maior parte do Plan no territorio tras esta primeira parte preparatoria.

O Plan contempla tamén intervencións en diferentes espazos do territorio para a creación dunha rede de centros de interpretación do Xeoparque cuxos traballos preliminares foron realizados e están pendentes de validación cos concellos para a súa posterior execución. A finalidade é dispoñer dunha serie de puntos con información atractiva que profundicen no relato do Xeoparque e permitan comprender mellor o territorio ás persoas visitantes.

Lea también

La II edición Foro dos Vivos impulsa el Camino a San Andrés de Teixido

La Asociación Veciñal de Porto do Cabo y el proyecto Eu Fun de Vivo se …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *