Máis de cen participantes danse cita en Cerdido no I Campionato Nacional Canino

A cita celebrarase de xeito pioneiro na localidade e terá dimensión nacional.

O Concello de Cerdido ultima os preparativos para acoller este domingo 1 de decembro, o I Campionato Nacional Canino no que máis de cen participantes se darán cita.

A competición desenvolverase no pavillón municipal da Barqueira, un espazo que se converterá desde as 10:00 horas da mañá no epicentro canino nacional xa que as persoas asistentes á cita poderán gozar de numerosas actividades entre as que se inclúe unha exhibición de podencos.

Desde o goberno local faise un convite á veciñanza a asistir a un evento “de índole nacional” que porá a Cerdido na vangarda das competición caninas.

Lea también

Ortigueira refuerza sus Servicios Sociales contratando una persona inscrita en el Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

De este modo se refuerza los servicios administrativos y redunda en una mejor presentación de …