A IV Gala do Deporte de Fene homenaxea a máis de 150 deportistas e clubs

O evento terá lugar este sábado 30 de novembro, ás 20h, no Pavillón A Xunqueira de San Valentín. A cita salienta o carácter multidisciplinar do deporte fenés e recoñece traxectorias destacadas.

Fuente Concello de Fene/ Gala do Deporte 2023

O Concello de Fene celebra este sábado 30 de novembro, a IV Gala do Deporte de Fene. Un evento que reunirá a máis de 150 deportistas e entidades que serán homenaxeadas con arredor de 100 distincións, como recoñecemento do seu esforzo, dedicación e contribución ao desenvolvemento da práctica deportiva.

O concelleiro de deportes, Adán Chao, subliñou que esta Gala é “unha celebración que pon en valor o deporte fenés, tanto no eido individual como colectivo”. “É un acto de recoñecemento aos valores que transmiten as e os nosos deportistas, ao seu esforzo e á súa capacidade de superación, pero tamén unha mostra do carácter diverso e dinámico do deporte no noso concello”, engadiu Chao.

A Gala, que celebra a súa cuarta edición, destaca pola súa ampla representación de disciplinas deportivas, entre as que figuran atletismo, atletismo de montaña, automobilismo, baile, baile deportivo, ciclismo e BTT, fútbol, fútbol sala, judo, karate, kickboxing e taekwondo, motociclismo de velocidade, natación, piragüismo, remo, skate e surf, tenis e ximnasia artística. Ademais, o evento fará un recoñecemento especial a traxectorias deportivas significativas.

Tal e como viña establecido nas bases da convocatoria, publicadas o pasado 15 de outubro na web municipal, este recoñecemento abrangue deportistas empadroados en Fene e tamén deportistas doutros concellos que leven tres ou máis anos competindo en clubs ou entidades fenesas.

As persoas interesadas en asistir ao acto poderán facelo de forma libre e gratuíta, para apoiar e acompañar aos deportistas locais nesta xornada de celebración.

LISTAXE_DEFINITIVA_HOMENAXEADOS_AS_GALA_DO_DEPORTE_2024

Lea también

La Xunta declara que la planta solar del puerto exterior de Ferrol no tendrá impactos adversos en el medio ambiente

La Dirección Xeral de Calidad Ambiental da cuenta del informe de impacto ambiental del proyecto. …