Ames, Marín, A Coruña e Ourense no calendario de Ctos da RFEA e World Athletics

Fuente FGA

Hai uns días a RFEA facía público a designación de Ames como sede oficial na que se levará a cabo o vindeiro 19 de outubro de 2025 o Campionato de España de 5K máster en ruta e que xuntará, neste concello de algo máis de 32.200 habitantes, a un importante número de atletas achegados de todos os recunchos do Estado.

Con esta sede, o Concello de Ames da un paso máis na súa capacidade organizativa que o levou nos últimos anos, a organización dunha intensa actividade atlética na que destacan varios campionatos de Galicia.

 

Varias sedes

Xunto a Ames, son un total de tres concellos os que organizarán no 2025 algún tipo de competición deste tipo.

A pista cuberta de Expourense volverá novamente ao centro neurálxico do atletismo nacional ca disputa do sempre interesante Campionato de España Sub16 os días 15 e 16 de marzo. Con esta nova desiganción,  a cidade das Burgas suma xa un total de nove campionatos destas carecterísticas desde a súa inauguración no 2017 entre as que destacan tres edicións absolutas nos anos 2020-22-24.

A maiores, a mesma pista dará acollida datas antes, o seu I Meeting  Internacional o 18 de xaneiro, no que podería ser a antesala para a organización dalgún futuro campionato de rango internacional.

Pola súa banda Marín é outro dos concellos quen se suma á organización de campionatos para este 2025. En concreto a mellor marcha estatal estará tomando parte polas súas rúas o vindeiro 09 de marzo no que será o Campionato de España absoluto dos 35K que ademáis servirá tamén como Campionato Máster e de Campionato de Federacións Sub20-18-16, toda unha excelente oportunidade para ver in situ aos mellores marchadores e marchadoras de España e onde a nosa comunidade, é todo un referente.

E xa que falamos da marcha e de referentes, non podemos pasar por alto o vindeiro día 07 de xuño a celebración en A Coruña do XXXVIII Gran Premio Internacional Cantones de Marcha Atlética- Trofeo Sergio Vázquez no que novamente a proba declarada pola  World Athletics Patrimonio Mundial do Atletismo, servirá para que polas rúas herculinas desfilen os mellores marchadores e marchadoras do mundo actual.

Satisfación na asignación das sedes

Desde a FGA valorase moi positivamente a celebración destes campionatos polos que se apostou desde un primeiro momento. Os mesmos foron defendidos  diante da Comisión Delegada da RFEA que finalmente, decidirían a favor dos intereses galegos.

Lea también

Laura Aneiros, del Marina Ferrol, convocada por el Programa de Desarrollo de Entrenadores de Alto Nivel de la RFEN

      La entrenadora del equipo absoluto del Club Marina Ferrol, Laura Aneiros Dopico …