Cedeira ultima su evento contra la violencia machista “#NotAllMen”

O Concello de Cedeira conmemora este domingo 24, cun acto que se vai desenvolver a partir das 18.30h no Auditorio Municipal, o Día Internacional contra a Violencia Machista. O evento comezará co visionado dun vídeo breve, que leva por título o hashtag #NotAllMen, no que con humor se presentan dúas situacións iguais pero diferentes, para invitar á reflexión.

Un ano máis tomarán parte no acto as voluntarias do Punto Lila de Cedeira, que compartirán unha serie de recomendacións sobre como contribuír a frear a violencia machista. Lerase a continuación o manifesto institucional do Concello, para rechazar con rotundidade calquera agresión e todas as violencias machistas que están no día a día da nosa sociedade.

Iria Seaje e Carlos Dopeso, dous músicos de Cedeira, interpretarán para finalizar o acto a “Canción sin miedo”, da cantante e compositora mexicana Vivir Quintana, convertida nun himno do feminismo.

Lea también

Edu Pereira recibió el reconocimiento del Concello de Ferrol por su segundo Premio Goya de fotografía

El fotógrafo ferrolano Edu Pereira era galardonado el pasado sábado 7 en Zaragoza con el …