Casa Ignacio proclamouse como o mellor petisco do IV Saborea Cerdido

Acadou o galardón ao acadar 847 puntos nunha edición na que participaron máis de 300 persoas.

Casa Ignacio foi proclamado como o mellor petisco da cuarta edición do Saborea Cerdido grazas á súa proposta de ‘Croqueta, non lasaña e tiramisú’ que cativou os padais dos 847 comensais que lle outorgaron o seu voto.

O listado definitivo tal e como o reflexa a acta de premiados é:
1. Casa Ignacio – 847.
2. Mesón Froallo – 707.
3. Casa Viuda – 636.
4. El Rincón de Tania – 629.
5. Bar Elvis – 496.

A vindeira semana farase a entrega do trofeo aos responsables do establecemento e o sorteo de premios entre as persoas que participaron na elección dos locais gañadores. Ademais, repartiranse diferentes premios económicos entre os locais participantes en función da súa posición.  O importe destes é de 175, 150, 125, 100 e 75 euros, respectivamente.

Desde o Concello celebran a fantástica resposta da veciñanza e dos visitantes xa que se rexistraron máis de 300 participantes no concurso. O alcalde, Alberto Rey, puxo en valor “o compromiso da hostalaría local e o seu esforzo durante toda a fin de semana para poder levar a cabo un evento que dinamiza enormemente a actividade municipal e que agardamos se siga mantendo durante moitos máis anos”.

Lea también

Valdoviño celebra su feirón mensual

Valdoviño celebra este domingo 30 de marzo una cita con su feirón mensual. La explanada …