O Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira” agasalla ás mellores obras

A inscrición na undécima edición do concurso estará aberta de nove a once da mañá e o tempo para pintar rematará ás 17.30 horas.

O Concello de Cedeira celebra este domingo 24 unha nova edición, a undécima, do Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira”, que cada ano leva ata a vila a artistas profesionais e afeccionados de dentro e fóra da comunidade galega. Desde o ano pasado a dotación para premios aumentou, de maneira que de novo se repartirán 2.500€ en total entre as mellores obras presentadas ao concurso.

Os tres primeiros premios estarán dotados con 900, 700 e 500€ respectivamente, sumados ao correspondiente diploma, e a maiores o xurado elixirá catro accésits de 100€ cada un. A inscrición e o selado dos soportes realizararse de nove a once da mañá na praza da Marieta e o tempo para pintar rematará ás 17.30 horas, cando todas as obras deberán estar entregadas na Sala Áncora, na praza Roxa.

Alí deliberará o xurado, que nesta edición estará formado polos artistas Marta Pérez, Xurxo Pernas e Andrés Urrutia, e darase a coñecer o fallo. Desde a entrega de premios, arredor das 18.30, ata as 20.00 horas, quedarán expostas as obras ao público.

O espazo establecido para que pintores e pintoras coloquen os seus cabaletes abrangue o paseo marítimo, a praia da Madalena, o paseo da Mariña, a zona do río Condomiñas, praia de Area Longa, casco vello e porto de Cedeira.

 

Lea también

Las Fuerzas Armadas demuestran su potencial operativo simulando combates en una playa de Samil abarrotada de público

El Rey,  Felipe VI, acompañado de Margarita Robles, pasó revista en la ría de Vigo …