Alumnado do CPI As Mirandas visitan a casa consistorial de Ares

Nenos do CPI As Mirandas achéganse ao Concello para pensar o turismo de Ares dende a óptica da infancia.

Recibiuse esta semana no consistorio de Ares unha delegación especial: preto de 70 alumnos de 1º de Primaria do CPI As Mirandas visitaron as instalacións do concello de Ares para coñecelo, aprender como se desenvolve a institución no día a día e falar coa concelleira de Turismo, Lucía Blanco, que os atendeu e lles fixo unha petición particular.

Blanco convidou aos pequenos a resolver unha cuestión: que espazos de Ares son importantes para eles? Como podemos contarlle a un amigo que nunca estivo na vila o seu valor, os lugares que ten que visitar? Esas dúas preguntas son as que traballarán na aula co seu profesorado, de cara a crear un tríptico no que se incorporen as súas ideas, dando unha visión do municipio dende a óptica da infancia. Os parques, as praias, a Praza da Constitución co seu palco… son algúns dos espazos que xa resoaron na visita da rapazada.

A expedición do CPI As Mirandas levounos até o salón de plenos da casa consistorial, onde a edil de Turismo lles explicou que decisións se toman neste epicentro de representación do pobo de Ares e que fai cada concellaría coa súa área de traballo.

Houbo tempo tamén para formular dúbidas dende os máis pequenos, como o por qué dos nomes das rúas, continuando co proxecto que xa desenvolveron previamente de percorrer o casco urbano de Ares para identificar certas vías ou lugares de interese, aproveitando o rueiro municipal que lles entregaron na Oficina de Información Turística do Concello.

Foi no propio salón de plenos onde Blanco lles achegou a súa petición para que entre todos poidan elaborar os trípticos e presentarlle ese abano de ideas sobre os sitios con maior interese turístico da vila. Un xeito de fomentar a participación dos pequenos en Ares!

Lea también

Neda mantendrá abierto todo el año la solicitud de sus ayudas de natalidad

El Ayuntamiento de Neda recuerda que mantiene abierto durante todo el 2024 el programa de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *