Cedeira acolle a III edición do ciclo de teatro afeccionado “Fusa Guillén”

Doce compañías concurriron á convocatoria para participar no programa de teatro afeccionado, que se inaugura este domingo no Auditorio.

O Concello de Cedeira inaugura este próximo domingo, día 17 de novembro, a terceira edición do ciclo de teatro afeccionado “Fusa Guillén”, despois de seleccionar as tres obras que se van incluír no programa entre as doce que concurriron á convocatoria.

A compañía mugardesa Teruca Bouza abrirá o calendario e seguiranlle as ferrolás Oquetiqueiras, do Grupo Bazán, e Muiñeiras do Vento, do barrio de Canido, os días 30 de novembro e 1 de decembro.

Un ano máis, o ciclo quere lembrar e homenaxear á cedeiresa de adopción e activista cultural Fusa Guillén, falecida en 2020, que impulsou as artes escénicas na localidade. Todas as obras seleccionadas están dirixidas ao público adulto e as tres funcións serán de entrada gratuíta, no Auditorio Municipal.

Este domingo, ás 19.00h, abrirá o ciclo o grupo mugardés Teruca Bouza coa obra “Unha luz na noite”. A peza está protagonizada por un matrimonio, Isabel e Miguel, estancado na rutina. Unha tarde, de volta de ver unha película romántica no cine, Isabel deixa voar a súa fantasía e imaxina que, como na película, deixando unha lámpada na fiestra pola noite, un amante entraría a buscala. Miguel descóbrea e sospeita que Isabel é realmente infiel. Así, comenza unha chea de mentiras e enganos que porán a proba o verdadeiro amor do matrimonio. Unha Luz na Noite, é unha comedia que, nos leva por unha viaxe de sentimentos, que nos fan reflexionar sobre como afrontar a vida en parella.

“Ora Pro Nobis” é o título que a compañía Oquetiqueiras representará no Auditorio de Cedeira o día 30 de novembro, ás 20.00h. Un convento perdido nun monte, tres atípicas monxas, un extraño cura e unha noviza na búsqueda dunha insegura vocación, que espera encontrala nesta comunidade .

Aínda que nada é o que parece, a confusión, os malos entendidos e segredos inconfesables fan que a situación mude e se complique e ofreza moitos momentos divertidos.

O grupo Muiñeiras do Vento, da asociación cultural Muíño do Vento de Canido, en Ferrol, representará el día 1 de diciembre, a las 19.00h, a obra “Heroínas cotiás”. Ao marxe das mulleres con sona e grandes traxectorias que todos e todas coñecemos, a peza fala das mulleres coas que convivimos e compartimos vida, historia, experiencias, esperanzas, decepcións, obxectivos…

“Elas, nosoutras, somos as heroínas das nosas vidas e verédelas, verédesnos, neste percorrido de respecto, memoria, sensacións e amor. Un teatro de gozo, unha experiencia do que é vivir o teatro, realizalo, interpretalo e vivilo sen límites, con honestidade e ben facer”, di a presentación da función.

Lea también

Periodistas de 16 países han enviado sus artículos al Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

La recepción de candidaturas para la 47ª edición está abierta hasta el 10 de septiembre. …