II Circuíto de atletismo en pista para menores de 14 anos da Deputación da Coruña

Este mesmo sábado 16 de novembro, dará comezo en Santiago de Compostela a primeira das probas que se desenvolverá nas pistas de atletismo da USC.

Fuente Diputación de A Coruña/ O deputado de Deportes, Antonio Leira, e a secretaria xeral da Federación Galega de Atlstismo (FGA), Yolanda González, presentaron o II Circuíto de atletismo en pista Deputación da Coruña para menores de 14 anos que se celebrará en Santiago, A Coruña e Ferrol.

As probas continuarán o 30 de novembro na cidade da Coruña e o 15 de de decembro en Ferrol e desenvolveranse nas categorías sub-10 (nados en 2012 e 2013), sub-12 (nados en 2014 e 2015) e sub-14 (nados en 2012 e 2013). Poderán participar atletas pertencentes a clubs da provincia da Coruña e coa licenza federativa en vigor. En cada xornada, cada atleta poderá participar nun máximo de dúas probas, das cales unha será unha carreira e outra un concurso.

A inscrición para as probas faise a través do sistema online web da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e pode formalizarse ata as 20 horas do luns anterior á realización de cada un dos eventos.

As probas estarán controladas tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo (FGA). En canto aos premios, os tres primeiros atletas de cada categoría e proba con máis puntuación, recibirán un trofeo.

Lea también

Convocado el XX Trofeo «Cidade de Narón» de Tiro con Arco

El Club ARCO Narón, de acuerdo con el Calendario Oficial de la Federación Galega y …