Agradecimiento á “implicación e solidariedade” dos bombeiros provinciais desprazados pola DANA

O presidente da Deputación participou na Estrada nun encontro organizado pola Xunta cos máis de 300 efectivos de emerxencias galegos que colaboraron no dispositivo en Valencia

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, Valentín González Formoso, participou na localidade pontevedresa de A Estrada xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nun acto cos máis de 300 efectivos galegos de emerxencias que colaboraron nas tarefas de recuperación das localidades valencianas máis afectadas pola DANA, entre eles varios voluntarios do Consorcio Provincial de Bombeiros da Coruña, dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e das agrupacións de Protección Civil da provincia da Coruña.

Formoso agradeceu “a implicación e solidariedade” dos efectivos coruñeses, “que deron o mellor de si para axudar nos traballos de recuperación de localidades como Paiporta e Picanya, que sufriron con especial dureza os devastadores efectos da DANA, nunha mostra de solidariedade e profesionalidade que nos enche de orgullo”, afirmou o presidente provincial.

Durante os últimos días, seis efectivos dos bombeiros provinciais pertencentes aos parques comarcais de As Pontes, Betanzos e Carballo, xunto con voluntarios de protección civil de dos GES da provincia realizaron labores de desescombro, achique de baixos e sotos, retirada de vehículos e limpeza das rúas nestas localidades.

Fuente Diputación de A Coruña

Formoso destacou que a Deputación da Coruña e o Consorcio Provincial Contraincendios están a dispor da Xunta de Galicia para prestar a súa colaboración en calquera acción que sexa precisa no proceso de recuperación e rehabilitación das zonas afectadas.

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

Alta participación del servicio de Urología del CHUF en el encuentro gallego celebrado en Ferrol

El Servicio de Urología del Complejo Hospitalario Universitario de Ferrol participó muy activamente este fin …