Axenda cultural e deportiva esta fin de semana en Cabanas

 

Este sábado 16 de novembro ás 19.oo horas na Casa da Cultura do Concello (Escola Laica) o grupo de teatro da Asociación sociocultural ASCM realizará unha función da obra «Con premeditación e alevosía».  Unha comedia na que haberá un xuízo moi particular entre veciñas. A entrada é de balde.

Xa o domingo 17 ás 16.oo horas da tarde terá lugar a Roga da Esfolla no pavillón de Lavandeira. Haberá liscos, degustación das papas de millo e tostas de manteiga…e tamén haberá música con Alberto Bellón.

Ás 16.30 h0ras o Xuventud Cabanas disputará o partido de fútbol contra o C.D. Cariño, na área recreativa de A Veiga. A entrada é de balde.

 

 

Lea también

La película “La buena letra” llega a la Casa da Cultura de Neda dentro del IX Ciclo de cine y mujeres rurales

La Casa da Cultura acoge este martes 27, a partir de las 20:00 horas, la …