Psoe Ferrol solicita que se actúe na proliferación das especies invasoras

O concelleiro socialista ferrolano Julián Reina preguntou na comisión de Urbanismo polas actuacions levadas a cabo dende o goberno municipal para «frear a proliferación de especies invasoras no noso Concello, especialmente a herva da Pampa (Cortadeira Selloana), e para atallar a recente aparición de Helichrysum petiolare».

O pasado verán o grupo socialista comunicou ao goberno municipal información sobre «a proliferación destas especies invasoras en distintas zonas da cidade, como Canido, Bertón, Santa Icía, así como na zona rural, nas que destacamos as especies que se están a extender por Doniños». Entón, os socialistas solicitaron «información sobre a posibilidade de actuación, comunicándose por parte do PP que era competencia municipal e que se estudiaría o tema».

A partir deste momento, o grupo socialista pediu puntualmete información sobre «as actuacións levadas a cabo, informando ademais dos distintos puntos polos que había coñecemento de que se extendían as especies». «Para a nosa sorpresa, vemos como a desidia municipal está a facilitar a exponencial proliferación destas especies invasoras, o que non só conleva un malgasto de cartos por permitir que a especie se expanda, senon que está a xerar un o deterioro medioambiental de difícil ou imposible recuperación», manifestou Reina «para o que este problema vén derivado, entre outras razóns, polas consecuencias propias para os ecosistemas naturais».

«Dende o grupo socialista non entendemos a indiferencia e desidia do alcalde, José Manuel Rey Varela, que con unha maioria absoluta, e co goberno máis caro e có maior número de asesores dos últimos mandaros, non é quen de empezar os trámites para solucionar este problema que cada día é mais grave na nosa cidade», afirmou.

Lea también

Ferrol devolve á familia Deaño o material cedido para a exposición de Benito Vicetto

O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, entregou este xoves 7 a Antonio Deaño …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *