Pontedeume prepárase para celebrar o Samaín

O Concello de Pontedeume anuncia que a tradicional celebración do Samaín, inicialmente aprazada polo loito nacional pola DANA, terá lugar finalmente os días 8 e 10 de novembro.

A programación de Samaín arrincará este venres cunha das actividades máis esperadas: a Pasaxe do Medo. Un percorrido de ambiente terrorífico que promete encher as rúas de Pontedeume de suspense e misterio.

O itinerario comezará ás 20:30 horas no adro da igrexa de Santiago e continuará polas rúas Pescadería e Mancebo, creando unha percorrido único e terrorífico para todos os asistentes.

A programación reanudarase o domingo 10 de novembro cunha xornada especialmente pensada para o público infantil.

As actividades comezarán ás 17:15 horas cunha concentración na praza Real. A continuación, ás 17:30 horas, desenvolveranse varios obradoiros na alameda de Raxoi. E, finalmente, ás 18:00 horas, terá lugar unha festa temática de terror na que se repartirán castañas asadas xunto con outras sorpresas para todos os asistentes.

En caso de condicións meteorolóxicas adversas, todas as actividades trasladaranse ao pavillón do IES Breamo.

Lea también

Rapaces do CPI As Mirandas, Ares, indagan na construción dunha sociedade máis igualitaria

Ao longo do mes de novembro, como parte das programacións polo 25N en Ares, estudantado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *