«GASTROMAR Cedeira» Modifícase data e lugar de celebración

Prevista inicialmente para o 28 de outubro no Auditorio Municipal,  finalmente terá lugar este mércores 30 de outubro ás 17:00 horas, na Sala Áncora de Cedeira.

Trátase dunha sesión formativa organizada polo concello, dirixida á hostalaría local, sobre as distintas preparacións das especies da zona e a súa presentación gastronómica. Será impartida polo chef Adrián Pérez, do restaurante Sinxelo, sendo preciso inscribirse previamente a través do teléfono +34 722 60 84 71.

Mediante a realización de exemplos prácticos empregando produto local e subprodutos como algas ou outras especies infrautilizadas, preténdese achegar á hostalaría local de Cedeira as distintas posibilidades e aplicacións desta materia prima nos seus negocios. Esta sesión estará dirixida polo chef Adrián Pérez, do restaurante ferrolán Sinxelo, premiado recentemente polo público como o mellor cociñeiro de Tapas de Galicia.

O obxectivo é reforzar as relación locais entre o sector do mar e a hostalaría, á hora de promover o uso de especies mariñas da zona e a súa transformación na cocina, ofertando produto KM0 á propia veciñanza e visitantes, visibilizando a lonxa e a Confraría local e fomentando a comercialización de todo tipo de especies mariñas e subproductos.

A actividade é de balde e está dirixida ás e ós hosteleiros locais da vila, sendo necesaria a inscripción previa a través do teléfono +34 722 60 84 71, vía chamada, mensaxe ou Whatsapp.

«GASTROMAR Cedeira» é unha iniciativa para a revalorización do sector mariñeiro a través de actividades orientadas a diferentes públicos. Ademáis destas accións formativas, destacan as aulas mariñeiras para o alumnado de primaria e secundaria dos centros educativos locais; guiados de rutas para o público xeral; exposicións exteriores sobre as xentes do mar, a gastronomía, o coidado e conservación do medio ou o consumo responsable e accións de comunicación para a difusión das actividades do proxecto.

O proxecto «GASTROMAR Cedeira: promoción do consumo do produto mariñeiro local» foi impulsado polo Concello de Cedeira coa financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

Lea también

Cerdido comenza o seu programa de compostaxe caseira

A casa da cultura de Cerdido acollerá ás 19:30 horas deste venres 8 de novembro, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *