Ferrol en Común «o PP propicia un retroceso inaceptable nas políticas feministas»

FeC a través dun comunicado afirma «vemos necesario poñer en coñecemento que o Concello de Ferrol vai realizar unha formación en materia de igualdade e violencia de xénero nos centros educativos da cidade, tanto nos CEIPS coma nos EIS».

«Queremos partir dicindo que no eido da Violencia de Xénero e da Igualdade entre homes e mulleres son moitas as persoas profesionais involucradas e as que poden aportar para loitar contra esta problemática social».

«Porén dende a noso grupo criticamos que a única formación vencellada á Igualdade e a Violencia de Xénero promovida polo goberno municipal sexa impartida por profesionais sen formación específica no ámbito socioeducativo».

«A través dun convenio nominativo de 4000 euros será o Colexio de Avogados o que se encargue de realizar esta única actuación en materia de igualdade e violencia de xénero».

Dende FeC critican que «aínda que efectivamente desde a avogacía se traballa en prol da igualdade de xénero, a súa intervención desenvólvese desde a aplicación da lei nos casos vencellados ás desigualdades por mor de xénero e á violencia de xénero. É certo que son profesionais con formación específica en igualdade de xénero, mais a súa especialización céntrase na aplicación da lei, cando xa hai denuncia».

«As funcións inherentes ás pesoas profesionais xurídicas non son as de prevencion, sensibilización, visualización e valoración dos factores de risco, a visión educativa na posta en marcha das accións, as pautas de control de impulsos…. É traballo especifico doutras profesións como a Educación Social, Promoción da igualdade de xénero, Integración Social. Todas estas profesións parten da formación especializada na intervención sociopersoal, educativa e comunitaria».

«O persoal da avogacía ten coñecemento sobre o dereito, as fases,etc. sendo así profesionais vencelladas ao cumplimento e defensa da lei. pero sen formación específica no eido educativo e sen unha competencia de resolución de situacións fóra do ámbito legal».

«Tomamos como referente á profesión de educación social, xa que é unha profesión vencellada directamente á prevención, sensibilización e todos os factores incluintes a nivel educativo e socioeducativo e está rexida por un código deontolóxico moi claro e determinante».

«É inapelable unha formación específica debido á fraxilidade e relevancia da temática, normalmente as personas encargadas deste tipo de formacións teñen que acreditar unha formación universitaria no ámbito do social ou educativo e mínimo 500 horas en materia de igualdade, ou estar en posesión da titulación concreta como técnica de promoción de igualdade de xénero».

«Este goberno do Partido Popular non valorou en ningún momento a realización dun traballo coordinado e complementario como debería de plantexarse onde as diferentes profesionais que abordan a temática dende as diversas perspectivas propias da súa función estean coordinadadas por unha persoa experta da Educación Social con formación e experiencia demostrada en materia de Igualdade e Violencia de Xénero». «Así o reflicte o Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia, onde se mostra unha clara postura cara as funcións de cada profesional e o intrusismo que moitas veces se observa».

«É moi grave tomar este tipo de decisións sen pensar nas repercusións educativas que poidan xurdir co alumnado. Non poñer o foco na importancia deste tipo de formacións e nas posibles reaccións, preguntas ou condutas nas que este tipo de profesionais non teñen coñecementos e tampouco posúen formación específica dos colectivos que aos que se dirixen. É relevante que ademáis este convenio non define a información curricular das persoas que imparten as acción formativas e tampouco información sobre o contido específico e a praxis para a abordaxe desta temática nin o material pegagóxico utilizado».

«Non hai requisitos nin criterios para seleccionar ás persoas máis axeitadas para impartir esta formación. Un Plantexamento socioeducativo sería o máis xusto e o máis valioso para as crianzas e as e os adolescentes que a van a recibir, onde se fomente a participación e a dimensión cooperativa do alumnado cunha programación e coordinación definida».

Dende FeC «solicitamos un novo plantexamento nestas actividades formativas onde se realicen de maneira complementaria con outras persoas profesionais con formación máis específica como sinalamos anteriormente e donde non se esqueza que o ámbito educativo é o contexto máis importante para traballar na sensibilización e na prevención da violencia de xénero e a prol dunha igualdade real entre homes e mulleres».

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …