BNG de Ferrol solicita melloras no local da Asociación de Mulleres de Caranza

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, acusou «de desidia ao goberno municipal ao negarse a arranxar a varanda de acceso ao taller de actividades que ten a Asociación de Mulleres de Caranza na avenida Castelao e que foi substraida no mes de xuño, asi como melloras no propio local da entidade».

Iván Rivas lembrou que «a Asociación de Mulleres de Caranza é unha asociación que desenvolve ao longo do ano múltiples actividades no taller da avenida Castelao, unha asociación que contribúe a dinamizar a actividade asociativa do barrio e que precisa o apoio do concello para manter as instalacións nunhas condicións óptimas».

«O goberno local tense comprometido con esta entidade tanto a repoñer a varanda de acceso ao taller, como a implementar outras melloras nas instalacións como cambiar a porta entre outros arranxos necesarios sen que polo momento teña dado paso algún. Desde a entidade sinalan que esta varanda é necesaria pois salva a caída que existe na rampa de acceso ao local e o temor da entidade é que poida producirse algún accidente pola ausencia da mesma».

Para o BNG «resulta inaceptábel a pouca celeridade amosada polo goberno local a hora de atender as demandas da Asociación de Mulleres de Caranza para o mantemento dunha zona e dunhas instalacións utilizada a diario por numerosas persoas que acoden a realizar os talleres que desenvolve esta entidade».

Iván Rivas instou ao goberno local «a actuar de inmediato para arranxaesta situación e atender as demandas da asociación de Mulleres do Barrio de Caranza».

Lea también

Ferrol y Mondoñedo renuevan lazos de hermanamiento en la festividad de As San Lucas

A portavoz del Grupo Municipal Popular, Pamen Pieltain, junto con una representación de la corporación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *