Comenzan en Narón as actividades para maiores do programa Encontros

Os centros sociais de Pedroso, Santa Icía e O Alto do Castiñeiro acollen as actividades enmarcadas nesta iniciativa, que se levará a cabo ata o vindeiro mes de decembro e para a que aínda quedan algunhas prazas libres, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo.

O programa municipal Encontros, dirixido a persoas maiores de 60 anos de Narón, comezou a desenvolverse.

Actividades recreativas, culturais, deportivas, educativas… forman parte deste programa que se desenvolve os xoves, entre as 10.30 e 12.30 horas no Alto.

-Os venres de 10.00 a 12.00 horas en Santa Icía.

-Os sábados de 16.00 a 18.00 horas en Pedroso.

Os maiores poderán participar en saídas e merendas comunitarias, actividades vencelladas coa música, obradoiros de alimentación saudable e cociña tradicional… ata completar a ducia de sesións programadas para os tres grupos que se conformaron, de dúas horas de duración cada unha delas un día á semana.

As persoas interesadas en recibir máis información ou en inscribirse neste programa poden chamar aos números de teléfono 633 230 054 ou 613 196 841.

 

Lea también

«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o …