María Rivas presenta en Miño os talleres de educación afectivo sexual

A subdelegada do Goberno na Coruña,  María Rivas, visitou esta semana o Centro Público Integrado Castro Baxoi  no concello de Miño, para presentar os PRIMEIROS TALLERES DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL DESTINADOS á PREVENCIÓN DA VIOLENCIA NA INFANCIA E NA  ADOLESCENCIA, E NOS QUE PARTICIPAN 50 ALUMNOS DO CENTRO.

A subdelegada estivo acompañada por María Catalina Morado Fariña, 1ª  tenente de alcalde responsables das áreas de educación, cultura,  comunicación, transparencia e Igualdade; o Director do centro Juan  Luís García;  a xefa da unidade da violencia sobre a muller da  provincia da Coruña, Manuela Vilaboy, e o Director Territorial de  Educación da Xunta.

Os talleres teñen como principal obxectivo TRABALLAR NA PREVENCIóN DE  TODO TIPO DE VIOLENCIAS, FOMENTANDO O BENESTAR ENTRE A INFANCIA E  ADOLESCENCIA. Trátase de dotar ao alumnado de ferramentas para previr,  detectar, coñecer, e chegado o caso, enfronta as situacións de  violencia.

O Informe anual da Comisión fronte á Violencia nos nenos e adolescentes  2022-2023, recompila os datos a nivel estatal do  Rexistro Central de información sobre a violencia contra a infancia e  a adolescencia (RCIVIA). Segundo o RCIVÍA EN 2015 REXISTRáRONSE 13.818  CASOS, CON UNHA TAXA DE INCIDENCIA DE 165,8 CASOS POR CADA 100.000  MENORES DE 18 ANOS; NO ÚLTIMO ANO DISPOñIBLE QUE é 2021, OS CASOS  ASCENDEN A 21.521 CON UNHA TAXA DE 338,6 CASOS POR CADA 100.000  PERSOAS MENORES DE 18 ANOS.

Falamos por tanto dun INCREMENTO DE 7.703 CASOS EN 6 ANOS, UN  CRECEMENTO EXPONENCIAL DE MáIS DE 1.200 CASOS ANUAIS, chagando a  duplicarse a taxa de incidencia.

Na mesma liña están os datos recollidos no seu último INFORME pola  FUNDACIÓN ANAR -informe de referencia para as entidades-; as agresións  sexuais detectadas polo Tfno./Chat ANAR aumentan un 55,1% nos últimos  5 anos; POR CADA CASO EN 2008, REXISTRÁRONSE 4,5 EN 2023. O PRINCIPAL  MODO DE AGRESIÓN PRODÚCESE DE FORMA PRESENCIAL, UN 91,5%.

O PERFIL DAS  VíTIMAS E MARCADAMENTE FEMININO: NUN 78,7%  DOS CASOS TRáTASE DE NENAS  E MULLERES ADOLESCENTES. O perfil do agresor é home, maior de idade,  da contorna da vítima, onde o 50,3% son membros da súa propia familia.  AS TECNOLOXÍAS ESTÁN IMPLICADAS NUN 43,9% DOS CASOS, con fenómenos  como o grooming ou o sexting non consentido.

A subdelegada indicou que con estas cifras, DENDE AS ADMINISTRACIóNS  TEMOS QUE FACER TODO CANTO ESTE A NA NOSA MAN PARA TRABALLAR NO ÁMBITO  DA PREVENCIóN, ESPECIALMENTE NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA XA QUE É O  MOMENTO DE DOTAR áS RAPAZAS E RAPACES DAS FERRAMENTAS PARA COÑECER,  DETECTAR E ENFRONTAR AS POSIBLES SITUACIÓNS DE VIOLENCIA; QUE DE  PRODUCIRSE MARCARÁN TODA A SÚA EXISTENCIA. “Temos que tratar de chagar  antes, de detectar a tempo, e de ofrecer ás vítimas e a súas familias  todo o noso apoio”.

Rivas informou que, estes talleres ENMáRCANSE DENTRO DAS ACTIVIDADES  PROGRAMADAS POLA SUBDELEGACIÓN NA CORUÑA ARREDOR DO 25 DE NOVEMBRO,  DíA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, xa que  é obxectivo do Goberno é traballar para construír unha sociedade máis  xusta, máis igualitaria e libre de todo tipo de violencias,  especialmente as violencias contra as mulleres, as nenas e nenos.

Neste sentido, a subdelegada recordou que contamos coa LEI ORGÁNICA  10/2022, DE GARANTÍA INTEGRAL DA LIBERDADE SEXUAL (LOGILS), que contén  medidas específicas para garantir a protección dos nenos menores de dezaoito anos fronte ás violencias sexuais; e a LEI  ORGÁNICA 8/2021, DE PROTECCIÓN INTEGRAL á INFANCIA E A ADOLESCENCIA FRONTE á VIOLENCIA (LOPIVI), QUE POSIBILITA ACTUAR DESDE UNHA  APROXIMACIÓN INTEGRAL, TENDO EN CONTA A NATUREZA MULTIDIMENSIONAL DOS  FACTORES DE RISCO E AS SÚAS CONSECUENCIAS. No marco da LOPIVI o  goberno está a levar a cabo a estratexia de erradicación da violencia  sobre a infancia e a adolescencia.

Nos talleres, que hoxe se desenvolven en Miño, pero que proximamente  chegarán a outras localidades da provincia, o alumnado aprenderá a  coñecerse, entenderse e respectarse a si mesmos.

Abordaranse nos aspectos biolóxicos, emocionais e relacionais do  corpo, incluíndo a percepción corporal e a saúde sexual.  Fortaleceranse conceptos como a empatía, a escoita activa e o respecto  nas relacións interpersoais. Falarase das relacións amorosas, de  parella, a sexualidade, os mitos sobre o amor e o consentimento serán  tratados de maneira integral. E abordarase a violencia sexual e  perigos nas Redes Sociais e a pornografía.

A subdelegada informou que ESTA ACTIVIDADE LEVARASE A CABO EN  COLABORACIÓN CON ABUSO E MALTRATO INFANTIL NO-GALICIA (AMINO_GAL),  unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 2014, que traballa  fundamentalmente na prevención, detección e asesoramento en situacións  de violencia cara á infancia e adolescencia; ofrecendo apoio ás  familias e ás vítimas a través da atención por parte de profesionais  de diversos ámbitos relacionados coa infancia e a adolescencia.

Lea también

Fallece uno de los dos trabajadores accidentados este jueves en el astillero de La Graña

Uno de los dos trabajadores del astillero Blascar, de La Graña, en Ferrol, que habían …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *