Psoe Ferrol denuncia que o goberno local non dispuxo da póliza de crédito de 6,3M€ ´23

«Para o 2024 o goberno do Partido Popular licita outra póliza de 12 millones de euros, que sumados á anterior alcanzan los 18,3 millones«.

O Grupo Municipal Socialista quere expresar a súa «profunda preocupación ante a incapacidade de xestión» do actual goberno local, que «15 meses despois de tomar posesión, non dispuxo dos 6,3 millóns de euros aprobados na póliza de crédito do orzamento de 2023, o que supón un claro exemplo de parálise na xestión municipal».

«Ademais desta preocupante falta de execución, o Partido Popular anunciou a licitación dunha nova póliza de crédito de 12 millóns de euros para o orzamento de 2024, que, sumada aos 6,3 millóns de 2023, eleva a cifra total a 18,3 millóns de euros, superando en 3,3 millóns o crédito solicitado polo anterior goberno socialista».

Rafael Fernández, concelleiro do Grupo Municipal Socialista, declarou: «Na oposición, no anterior mandato, dicían que o goberno ía arruinar o Concello cunha póliza de crédito de 15 millóns de euros. Esa mesma póliza serviu para realizar numerosas obras que agora están rematando. Con esta nova licitación xa suman 18,3 millóns, 3,3 máis que o goberno anterior, e o peor é que non dispuxeron nin un só euro do crédito de 2023.»

Dende o Grupo Municipal Socialista, «lamentamos que este goberno con maioria absoluta e 11 asesores estea completamente paralizado, sen ter impulsado nin unha soa inversión relevante ao longo destes 15 meses. A falta de execución dos créditos aprobados en 2023 pon en evidencia a incapacidade do Partido Popular para xestionar os recursos do Concello e atender as necesidades urxentes da cidade».

O Grupo Municipal Socialista insta o alcalde José Manuel Rey Varela «a actuar con responsabilidade e poñer en marcha de inmediato os proxectos que Ferrol precisa. A cidade non pode permitirse continuar nesta situación de estancamento mentres o goberno local acumula máis débeda sen executar os fondos dispoñibles».

Lea también

La semana de la arquitectura de Ferrol rendirá homenaje a Alfredo Alcalá Navarro

La concejala de Urbanismo, Blanca García, presentó este viernes a la mañana los actos que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *