Narón acolle o espectáculo Caxoto: grandes éxitos 2004-2024

A Biblioteca municipal de Narón abrirá ás 16:00 horas deste martes 1, o prazo para inscribirse no espectáculo de música e narración oral “Caxoto: grandes éxitos 2004-2024” que terá lugar este sábado 5 ás 11:00 horas, nas citadas instalacións.

A través desta actividade, tal e como indicou a edil Olga Ameneiro, repasaranse as dúas décadas da traxectoria de Caxoto, percorrendo cos seus espectáculos de contos, cantigas e xogos nas bibliotecas de toda Galicia. Nesta ocasión, Caxoto preparou unha selección dos seus maiores éxitos, destacando a parte máis musical.

O público ao que se dirixe, maiores de 4 anos e familiar, poderá desfrutar dunha proposta moi participativa e festiva, chea de cantigas tradicionais, xogos musicados e bailes. Para poder participar é preciso inscribirse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 durante o horario de apertura.

Será preciso que as nenas e nenos teñan o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes

Lea también

Alumnado do CPI Atios en Valdoviño asiste ao monólogo «Galego para Adolescentes»

O Concello de Valdoviño convidaba o xoves 3 á tarde ao alumnado de Educación Secundaria …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *