As Pontes acolle a Copa Deputación da Coruña de volei praia

O Concello de As Pontes acolleu na mañá deste mércores 14 a presentación da Copa Deputación da Coruña de volei praia de categorías inferiores, que terá lugar os vindeiros días 17 e 18 de agosto no campo de area do lago das Pontes.

Foto Concello de As Pontes

Elena López, concelleira de deportes, dáballe a benvida a José Ramón Baña, secretario da Federación Galega de Voleibol, e agradecíalle que un ano máis contaran coas instalacións do lago das Pontes para a organización deste campionato, amosando así as posibilidades que ofrece o entorno para a celebración de diferentes eventos, tanto deportivos como de ocio e lecer, tralo campionato de rugbi praia ou os actos de conmemoración do aniversario do lago da pasada fin de semana.

Pola súa banda, José Ramón Baña quixo tamén amosar o seu agradecemento no nome da Federación Galega de Voleibol pola boa predisposición do Concello das Pontes, que trala celebración de torneos internacionais e campionatos de seleccións autonómicas en anos anteriores, volve acoller unha nova proba deportiva de volei praia.

Nesta ocasión será a Copa da Deputación da Coruña de categorías inferiores, onde competirán xogadores alevíns, infantís, cadetes e sub-19, con participantes que van dende os 12 ata os 18 anos.

Nesta ocasión son máis 140 parellas inscritas, o que supón a presenza de máis de 300 persoas no Concello das Pontes durante toda a fin de semana, entre participantes, adestradores e familiares.

Así, o sábado 17 dará comezo a competición ás 9:30h coas categorías infantil e sub-19, con previsión de rematar arredor das 19:30h da tarde.

Xa o domingo 18 será a quenda das categorías alevín e cadete, que comezarán tamén as 9:30h; rematando a competición ás 19:30h coa entrega de trofeos.

Elena López quixo aproveitar a ocasión para convidar a toda a veciñanza das Pontes a achegarse ata o lago das Pontes esta fin de semana e poder gozar do espectáculo do volei praia.

Lea también

La cantera de la hípica gallega regresa del Cto de España de Saltos con 14 medallas

Los más jóvenes vienen pisando fuerte, demostrando un altísimo nivel en competición acorde con el …