As Andainas por Fene tornan en setembro

Que a xente poida coñecer o concello da man da veciñanza é o principal obxectivo das Andainas por Fene que organiza a concellería de Deportes coa colaboración das entidades parroquiais do municipio e Eroski Fene.

O programa botou a andar o pasado 15 de xuño, cun percorrido pola parroquia de Barallobre, e, tralo parón estival, retomarase o 1 de setembro cunha andaina por Sillobre que conducirán membros da AVV de Limodre.

As seguintes Andainas por Fene serán: o 7 de setembro por Maniños (coa colaboración da SCRD O Pote); o 14 de setembro por Magalofes (colabora a AVV de Magalofes); o 28 de setembro por Sillobre (coa colaboración da ACRD Agarimo); o 5 de outubro por Fene (colabora o CMI Unidade de Fene); o 19 de outubro por San Valentín (coa colaboración do CPS de San Valentín).

A inscrición en calquera das andainas será de balde e poderá realizarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no tfno. 981 340 366) desde 15 días antes da realización da actividade, en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. De todos os xeitos, informarase das datas concretas de apertura de inscricións para cada unha das marchas a través da páxina web e rrss do Concello de Fene.

Lea también

El servico de audiodescripción ya está disponible en todos los partidos del Racing de Ferrol en A Malata

Según informa el Club en su página web, el proyecto Escoita comenzó su funcionamiento el …