María Rivas pide prudencia ó volante. Operación especial Primeiro de Agosto

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, pediu prudencia e responsabilidade ao volante na operación especial Primeiro de Agosto, que comeza este mércores 21 ás 15 horas e finaliza mañá xoves 1 de agosto ás 24.00 horas.

María Rivas informou desta operativa na que se despregan máis de 200 axentes en toda a provincia e na que están previstos 132.000 desprazamentos nas estradas coruñesas, o 33% do total de Galicia, que nestes día alcanzará os o 527.000.

A subdelegada incidiu na necesidade de extremar as precaucións na condución nun mes que rexistra o maior volume de desprazamentos porestrada de todo o ano. Avanzou que as previsións da DGT apuntan a 1.595.000nas estradas da provincia e a máis de 5,5 millóns no conxunto de Galicia.

María Rivas lamentou que, no que vai de ano, as estradas da provincia rexistraron un total de 23 vítimas falecidas, oito máis que no mesmo período de tempo do 2023.

Reiterou que cada unha destas vítimas supoñen un fracaso e “por elo o Goberno non escatima nin un só esforzo a combater esta sinistralidade mortal, con campañas de vixilancia e prevención que desenvolve ao longo de todo o ano”.

Neste senso, a subdelegada lembrou as diferentes campañas desenvolvidas ao longo do ano dende a DXT para concienciar do uso de materiais reflectantes aos usuarios vulnerables, a obrigatoriedade de levar posto o cinto de seguridade e a necesidade dun bo mantemento dos vehículos tanto particulares como de transporte colectivo ou comercial.

Operación Saída de agosto

No que respecta á Operación Saída que se inicia este mércores, a maior afluencia de vehículos producirase hoxe entre as 15.00 e as 23.00h, onde a principal dificultade estará na entrada e saída dos grandes núcleos urbanos.

Tamén para este xoves 1 de agosto, prevese unha gran intensidade na circulación ensentido saída e entrada dos grandes núcleos urbanos polo comezo da tempada turística en hoteis e segundas residencias.

As horas máis conflitivas produciranse entre as 8.00 horas e as 18.00 horas, polo que, na medida doposible o recomendable é evitar esa franxa horaria. A AP9, a A6 e a N-550 serán as vías da provincia que rexistran durante estes días un maior volume de tráfico.

A subdelegada do Goberno na Coruña destacou a dispoñibilidade de medios desde a Dirección Xeral de Tráfico, co despregamento de axentes nas estradas, persoal dos Centros de Xestión encargados do mantemento de equipos e ainstalación de medidas nas vías. María Rivas agradeceu o esforzo e o traballo que fan todos os equipos da DXT “co fin de garantir a seguridade e optimizar as estradas”.

Para esta operación en toda Galicia están activas 355 cámaras de vixilancia e 402 estacións de tomas de datos, sensores que, entre outras cuestións, miden as distancias entre vehículos e a ocupación da vía. Ademais tamén están en funcionamento 487 paneis de mensaxes variables que difunden mensaxes en tempo real sobre retencións, mostran recomendacións e outros aspectos para ter en conta para unha condución segura.

Puntos máis conflitivos

Os accesos á Coruña por Alfonso Molina e por Perillo

As glorietas de Santa Cristina, Bastiagueiro e Santa Cruz A AG 11 desde Ribeira a Padrón

O acceso á Coruña desde a A6

A AG 55 nos accesos á Coruña desde a Costa da Morte

A AG 56 con retencións nos accesos a Santiago desde Noia

A AP 9 no acceso á Coruña, no entroncamento con Alfonso Molina, a peaxe de Cecebre e Macenda na unión coa A6 , a peaxe de Teo en sentido Santiago, o acceso a Santiago e o acceso a Ferrol

A N-550 no entroncamento coa A6 en sentido Coruña; nos accesos a Santiago na travesía de Milladoiro e na travesía de Padrón

A N-651 á altura de Pontedeume

 

Lea también

Camino de Santiago hasta Finisterre y Muxía, la Prolongación Jacobea

Camino de Santiago hasta Finisterre y Muxía, la Prolongación Jacobea. El Camino de Santiago es …