O impacto positivo do Gadis Longboard Festival Ferrol

Cinco mil persoas e máis dun cento de empregos directos e inducidos: o impacto positivo do campionato en Ferrolterra.

Fuente Classic Surf Pro

Gran acollida da primeira proba de longboard da Liga Mundial de Surf Profesional (WSL), o Gadis Longboard Festival Ferrol cun impacto positivo na contorna como escaparate da beleza e do potencial para os deportes acuáticos da costa de Ferrolterra. 

En cifras, foron preto de 5.000 as persoas que se deixaron ver polo evento durante os catro días da competición na que tomaron parte máis de 60 surfistas da WSL de Europa, Oceanía e América, entre as que descatou Ginger Caimi, Italiana de 12 años, é a surfista máis noviña do tour mundial que en Ferrol acadou a 4 praza na final,  deixando atrás a moitas rivais máis experimentadas nesta disciplina. 

“Foi unha primeira experiencia moi positiva. Este campionato chegou para ficar e medrar no 2025”, salientou Yago Barreto, director do evento. “Botábase en falta unha proba no circuito europeo de longboard e Ferrol era o lugar ideal para facelo”, engadiu, para agradecer a aposta da WSL polas praias da costa coruñesa como escenario das tres competicións internacionais en España. 

Un cento de empregos asociados 

Destacar o impacto positivo da proba tamén no emprego: 70 contratacións directas e outras trinta inducidas entre empresas locais de Ferrolterra para as tarefas de montaxe das tarimas, tendas, transportes e as grúas que se precisan para a colocación dos distintos espazos que deron forma a vila do surf que se ergueu no cámping das Cabazas (Cobas). 

Durante a competición houbo persoal empregado na zona de competición, gastro-barra e tres foodtrucks, ambulancia e servizo de rescate acuático, con motos de auga, monitores para os bautismos de surf, concertos de bandas locais, catering desde os establecementos máis próximos e o aloxamento da equipa de grabación e xuíces da WSL (25 persoas). 

Fuente Classic Surf Pro

Espazos corresponsables

Facer fincapé na excelente acollida do Espazo Corresponsables, co respaldo da Consellería de Igualdade, como un recurso para a conciliación da rapazada de 4 a 16 anos no ocio activo, igualitario e inclusivo en paralelo a proba deportiva. 

Por este espazo, completamente de balde, pasaron un total de 401 menores durante os 4 días da competición desfrutando das distintas actividades programadas: obradoiros de reciclaxe de refugallos, dinámicas de xogos cooperativos e tamén da pista de skate.  A media diaria de asistencia foi dun cento de pequenos cunha participación moi paritaria: 53,12% nenas e 46,88% nenos, con monitores titulados e nas ratios acaídas. O 75% tiñan entre 4 e 9  anos. 

Fuente Classic Surf Pro

Os Espazos Corresponsables terán presenza nos próximos eventos da WSL en Galicia que pasan pola 37 edición do Abanca Pantinclassic Galicia Pro, do 24 ao 1 de setembro, e o Cabreiroá Junior Razo Pro, do 24 ao 28 de setembro en Carballo. 

Vídeo resumen do campionato. 

Lea también

La Federación Gallega de Tenis informa de la apertura del plazo de Ctos y torneos

Se informa a todos los clubes que ya está abierto el plazo para solicitar acoger …