A xira «Plutón» de Chica Sobresalto chega As Pontes este outono

Maialen Gurbindo é Chica Sobresalto, un alter ego co que a artista decidiu revolucionar o panorama musical dos últimos anos. O concerto será o 19 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Alovi, As Pontes

Unha capa e un traxe de superheroína acompañaron a Maialen Gurbindo cada vez que se subiu a un escenario desde que deu vida a Chica Sobresalto. Un traxe co que aínda que non loitou por manter aorde e a xustiza contra os viláns, si conseguiu salvar a miles deseguidores a través das súas cancións.

Tras o seupaso por OT e cunha pandemia por medio, Chica Sobresalto publicou o seu segundo disco, aínda que para moita xente era o primeiro co que se daba a coñecer.“Sinapsis” (O Dromedario Récords, 2021) levábase xestando case catro anos cando se publicou e colocouse no número 1 de vendas na semana de lanzamento. Cancións como ‘Fusión del núcleo’,‘Oxitocina’ ou ‘Selección natural’ convertéronse en himnos nos concertos que ofreceu ao longo dos últimos anos por todo o país.

En maio de 2023 lanza ‘Oráculo’, o terceiro álbum da carreira de ChicaSobresalto. Un disco que nace da liberdade compositiva que experimenta Maialen Gurbindo cando se desposúe de todo o que haia ao redor, sen ter que render contas ante ninguén, nin sequera ante ela mesma. O alter ego que está detrás da composición de ‘Oráculo’ é capaz de predicir os procesos que a propia Maialen vai vivir máis adiante; Só que ela aínda non é capaz de asumilos ou entendelos, por iso o título de ‘Oráculo’.

As entradas poranse á venda próximamente.

Lea también

EPEF Racing Team da UDC, 3º posto na carreira de vehículos eléctricos en Cartagena

O EPEF Racing Team, integrado por alumnado de grao, de máster e de programas de …