A Deputación da Coruña publica este mércores 12 no BOP a resolución de concesión definitiva das axudas da liña PEL-AUTÓNOM@S do Plan de Emprego Local (PEL), que sufragará parte dos custos por cotas á Seguridade Social dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade inferior a cinco anos de alta e que teñan a súa sede social nun concello de menos de 20.000 habitantes.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que ao abeiro deste programa, un total de 1.106 profesionais autónomos recibirán este ano entre 1.200 e 2.400 euros para axudarlles no pago das cotas á Seguridade Social, cun investimento total que supera os 2,3 millóns de euros.
Formoso subiñou “a importancia clave dos autónomos na economía e na creación de emprego en Galicia”, un colectivo ao que pertencen máis de 205.000 persoas na nosa comunidade. “Por iso decidimos crear esta liña de axudas, que cada ano é unha das máis demandadas do PEL, e incrementar o seu orzamento do millón de euros consignado no orzamento inicial aos 2,3 millóns, co obxectivo de atender o maior número de solicitudes posible”, apuntou.
O presidente incidiu tamén en que as axudas van destinadas aos profesionais que exercen nos concellos de menor tamaño da provincia, co obxectivo de “favorecer o emprego e contribuír á fixación de poboación no rural”, un dos obxectivos estratéxicos do goberno provincial no presente mandato.
Esta liña de axudas a autónomos é unha das que integran o PEL, unha aposta transversal do Goberno da Deputación á que se destinaron 106 millóns de euros nos últimos anos a través de diferentes axudas para contratar persoal, impulsar o emprendemento, apoiar o crecemento dos pequenos negocios e dos traballadores e traballadoras autónomos. Desde o seu inicio, o PEL permitiu a creación de 7.046 empregos nos sectores público e privado.
Ordes, Teo, Boiro, Sada, Noia e Fisterra aglutinan o maior número de axudas concedidas
En canto á distribución das axudas por concellos, os que contan cun maior número de solicitudes concedidas nesta convocatoria son: Ordes, con 43 solicitudes que supoñen un montante de 101.800 euros; Teo, cun total de 42 solicitudes concedidas por importe de 97.400 euros; e Boiro con 39 concesións e 88.400 euros en axudas, seguidos de Sada, Noia e Fisterra con 38, 37 e 34 profesionais autónomos beneficiarios e uns importes concedidos por concello de 88.600 euros, 81.600 euros e 79.200 euros. Entre estes seis concellos aglutinan o 22,93% das solicitudes concedidas totais.
Segundo o domicilio fiscal, obsérvase que os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes son os máis numerosos entre as persoas beneficiarias, con 428 concesións (42,13% do total), seguidos dos municipios de entre 10.000 a 19.999 habitantes, con 264 concesións (25,98% sobre o total).
En canto a distribución das concesións por comarcas, Santiago é a que concentra un maior número de solicitudes concedidas, con 308 o que representa un 30,31%, por un importe de 712.800 euros; seguida da de Bergantiños-Costa da Morte con 202 concesións, un 19,88 % do total por un importe de 464.500 euros.
Cabe destacar que das 1.016 persoas beneficiarias ás que se lles concede a axuda, 429 son mulleres autónomas. Isto supón o 42,22 % do total.
Por sector de actividade, o terciario é o máis favorecido cun 66,99 % das concesións, especialmente o comercio (10,93%); seguido por unha actividade do sector secundario construción e reformas (10,63 %). No sector primario destaca a actividade agrícola que comprende o 3,35 % das concedidas.
Dos sectores considerados estratéxicos, destacan as persoas autónomas dedicadas ás actividades agrícola, gandeira, forestal e pesqueira, cun 17,91% das concesións, é dicir 182, seguidas das que teñen como actividade o comercio con 12,50% concesións (12,50% das concesións) e, en terceiro lugar, os e as que se dedican ao transporte, con 48 concesións (un 4,72% do total).
Do total de persoas beneficiarias, 631 non o tiñan sido en anualidades anteriores, o que supón que o 62,11% do total das persoas autónomas ás que se lle concede a axuda é a primeira vez que a recibirán.
A listaxe completa das persoas profesionais autónomas que se beneficiarán este ano das axudas de PEL-Autónom@s pode consultarse na seguinte ligazón:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/12/2024_0000004102.html
Táboa 2. Solicitudes concedidas por comarca |
|||||
---|---|---|---|---|---|
Comarca |
Concello |
Núm. |
% concedidas |
Importe concedido |
% importe concedido |
BARBANZA |
Boiro |
39 |
3,84 % |
88.400,00 € |
3,77 % |
Carnota |
12 |
1,18 % |
27.400,00 € |
1,17 % |
|
Lousame |
1 |
0,10 % |
2.400,00 € |
0,10 % |
|
Mazaricos |
18 |
1,77 % |
42.000,00 € |
1,79 % |
|
Muros |
19 |
1,87 % |
42.800,00 € |
1,83 % |
|
Noia |
37 |
3,64 % |
81.600,00 € |
3,48 % |
|
Outes |
14 |
1,38 % |
31.800,00 € |
1,36 % |
|
Pobra do Caramiñal, A |
8 |
0,79 % |
19.200,00 € |
0,82 % |
|
Porto do Son |
12 |
1,18 % |
28.000,00 € |
1,19 % |
|
Rianxo |
15 |
1,48 % |
36.000,00 € |
1,54 % |
|
BARBANZA |
175 |
17,22 % |
399.600,00 € |
17,05 % |
|
BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE |
Cabana de bergantiños |
22 |
2,17 % |
51.800,00 € |
2,21 % |
Camariñas |
15 |
1,48 % |
33.600,00 € |
1,43 % |
|
Cee |
21 |
2,07 % |
49.800,00 € |
2,13 % |
|
Cerceda |
6 |
0,59 % |
14.400,00 € |
0,61 % |
|
Corcubión |
8 |
0,79 % |
17.800,00 € |
0,76 % |
|
Coristanco |
10 |
0,98 % |
22.000,00 € |
0,94 % |
|
Dumbría |
6 |
0,59 % |
13.200,00 € |
0,56 % |
|
Fisterra |
34 |
3,35 % |
79.200,00 € |
3,38 % |
|
Laracha, A |
18 |
1,77 % |
41.800,00 € |
1,78 % |
|
Laxe |
9 |
0,89 % |
20.200,00 € |
0,86 % |
|
Malpica de Bergantiños |
4 |
0,39 % |
9.600,00 € |
0,41 % |
|
Muxía |
13 |
1,28 % |
30.300,00 € |
1,29 % |
|
Ponteceso |
14 |
1,38 % |
31.800,00 € |
1,36 % |
|
Vimianzo |
11 |
1,08 % |
25.600,00 € |
1,09 % |
|
Zas |
11 |
1,08 % |
23.400,00 € |
1,00 % |
|
BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE |
202 |
19,88 % |
464.500,00 € |
19,82 % |
|
CORUÑA-AS MARIÑAS |
Abegondo |
9 |
0,89 % |
21.200,00 € |
0,90 % |
Aranga |
4 |
0,39 % |
8.600,00 € |
0,37 % |
|
Bergondo |
9 |
0,89 % |
21.600,00 € |
0,92 % |
|
Betanzos |
23 |
2,26 % |
54.200,00 € |
2,31 % |
|
Carral |
7 |
0,69 % |
16.800,00 € |
0,72 % |
|
Coirós |
3 |
0,30 % |
7.200,00 € |
0,31 % |
|
Curtis |
17 |
1,67 % |
39.600,00 € |
1,69 % |
|
Irixoa |
3 |
0,30 % |
7.000,00 € |
0,30 % |
|
Mesía |
5 |
0,49 % |
12.000,00 € |
0,51 % |
|
Miño |
19 |
1,87 % |
45.400,00 € |
1,94 % |
|
Oza-Cesuras |
11 |
1,08 % |
24.800,00 € |
1,06 % |
|
Paderne |
12 |
1,18 % |
27.800,00 € |
1,19 % |
|
Sada |
38 |
3,74 % |
88.600,00 € |
3,78 % |
|
Sobrado |
6 |
0,59 % |
14.368,80 € |
0,61 % |
|
Vilasantar |
4 |
0,39 % |
8.400,00 € |
0,36 % |
|
CORUÑA- AS MARIÑAS |
170 |
16,73 % |
397.568,80 € |
16,97 % |
|
FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL |
Ares |
10 |
0,98 % |
22.000,00 € |
0,94 % |
Cabanas |
5 |
0,49 % |
12.000,00 € |
0,51 % |
|
Capela, A |
2 |
0,20 % |
4.800,00 € |
0,20 % |
|
Cariño |
15 |
1,48 % |
34.400,00 € |
1,47 % |
|
Cedeira |
19 |
1,87 % |
43.800,00 € |
1,87 % |
|
Cerdido |
6 |
0,59 % |
14.000,00 € |
0,60 % |
|
Fene |
11 |
1,08 % |
24.400,00 € |
1,04 % |
|
Mañón |
4 |
0,39 % |
9.600,00 € |
0,41 % |
|
Moeche |
6 |
0,59 % |
13.000,00 € |
0,55 % |
|
Monfero |
3 |
0,30 % |
6.000,00 € |
0,26 % |
|
Mugardos |
10 |
0,98 % |
23.200,00 € |
0,99 % |
|
Neda |
5 |
0,49 % |
12.000,00 € |
0,51 % |
|
Ortigueira |
18 |
1,77 % |
40.600,00 € |
1,73 % |
|
Pontedeume |
14 |
1,38 % |
33.000,00 € |
1,41 % |
|
Pontes de García Rodríguez, As |
10 |
0,98 % |
23.800,00 € |
1,02 % |
|
San sadurniño |
7 |
0,69 % |
16.000,00 € |
0,68 % |
|
Somozas, as |
4 |
0,39 % |
8.600,00 € |
0,37 % |
|
Valdoviño |
9 |
0,89 % |
21.200,00 € |
0,90 % |
|
Vilarmaior |
3 |
0,30 % |
6.400,00 € |
0,27 % |
|
FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL |
161 |
15,85 % |
368.800,00 € |
15,74 % |
|
COMPOSTELA |
Arzúa |
13 |
1,28 % |
30.600,00 € |
1,31 % |
Baña, A |
6 |
0,59 % |
14.400,00 € |
0,61 % |
|
Boimorto |
3 |
0,30 % |
6.200,00 € |
0,26 % |
|
Boqueixón |
9 |
0,89 % |
20.000,00 € |
0,85 % |
|
Brión |
20 |
1,97 % |
46.600,00 € |
1,99 % |
|
Dodro |
3 |
0,30 % |
6.600,00 € |
0,28 % |
|
Frades |
7 |
0,69 % |
15.200,00 € |
0,65 % |
|
Melide |
12 |
1,18 % |
28.600,00 € |
1,22 % |
|
Negreira |
19 |
1,87 % |
43.800,00 € |
1,87 % |
|
Ordes |
43 |
4,23 % |
101.800,00 € |
4,34 % |
|
Oroso |
19 |
1,87 % |
43.800,00 € |
1,87 % |
|
Padrón |
11 |
1,08 % |
24.000,00 € |
1,02 % |
|
Pino, O |
11 |
1,08 % |
23.600,00 € |
1,01 % |
|
Rois |
8 |
0,79 % |
18.200,00 € |
0,78 % |
|
Santa comba |
30 |
2,95 % |
70.800,00 € |
3,02 % |
|
Santiso |
7 |
0,69 % |
16.800,00 € |
0,72 % |
|
Teo |
42 |
4,13 % |
97.400,00 € |
4,16 % |
|
Toques |
3 |
0,30 % |
7.200,00 € |
0,31 % |
|
Tordoia |
4 |
0,39 % |
8.400,00 € |
0,36 % |
|
Touro |
5 |
0,49 % |
11.400,00 € |
0,49 % |
|
Trazo |
6 |
0,59 % |
14.400,00 € |
0,61 % |
|
Val do Dubra |
13 |
1,28 % |
30.200,00 € |
1,29 % |
|
Vedra |
14 |
1,38 % |
32.800,00 € |
1,40 % |
|
COMPOSTELA |
308 |
30,31 % |
712.800,00 € |
30,42 % |
|
Total Resultado |
1016 |
100,00 % |
2.343.268,80 € |
100,00 % |