Psoe Ferrol solicita modificar o horario de recollida de Urbaser

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol solicita que se modifiquen os horarios de recollida de Urbaser para non interrumpir o tráfico na estrada de Castela.

«O Goberno de Rey Varela non ten nin planificación nin empatía coa veciñanza de cara a resolver os atascos que se producen un día tras outro na estrada de Castela, xa que non toma nin a máis mínima medida para solucionalo».

“A veciñanza está a soportar a diario atascos na estrada de Castela debido á desidia do Goberno do sr. Rey Varela”, afirmou o concelleiro socialista Germán Costoya.

«Nas derradeiras semanas, o tráfico nesta vía viuse incrementado debido ás obras que está a desenvolver o Goberno de España na avenida das Pías, e o único que ten feito o sr. Rey Varela é criticar a falta de coordinación no seu desenvolvemento; sen embargo non tomou ningunha medida para reducir no posible as molestias aos cidadáns de Ferrol».

«Ante esta falta de iniciativa, dende o Grupo Socialista vimos de propoñer na Comisión de tráfico de hoxe unha medida sinxela e perfectamente executable: “solicitamos ao Goberno do sr. Rey Varela que tome as medidas que correspondan para que a recollida de residuos por parte da empresa Urbaser non obstaculice, aínda máis, o tráfico, e por iso propoñemos mudar os horarios de traballo de dita empresa para que non coincida nas horas de máis conxestión de tráfico na estrada de Castela”.

“Non é de recibo que ás 9 da mañá estean os camións de Urbaser baleirando os contenedores, producindo retencións totalmente innecesarias que non se estarían dando se o Goberno do PP tivera un mínimo de planificación, ou, cando menos, estivera a pe de rúa para detectar as problemáticas diarias da nosa veciñanza”.

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …