El Concello de Narón acolle unha exposición contra o acoso escolar

A exposición contra o acoso escolar pódese ver durante este mes na planta de acceso ao Concello de Narón.

A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, recordou que preto de 450 escolares de quinto e sexto curso de educación Primaria e de primeiro da ESO, xunto con profesorado de centros
de ensino de Narón, participaron este cursos nos obradoiros de convivencia escolar e prevención do acoso escolar ofertados dende o Consistorio no marco do programa de Recursos educativos de apoio á escola. Con motivo do Día Internacional contra o acoso escolar, que se conmemorou o pasado 2 de maio, elaboraron uns carteis reivindicativos para protestar contra o acoso, que se poden ver nesta exposición.

Ameneiro agradeceu o traballo realizado polo alumnado dos colexios da Gándara, Ponte de Xuvia, Virxe do Mar, a Solaina, do IES As Telleiras e dos CPR Jorge Juan e Ayala. Os carteis realizados polos escolares, xunto cun display e un photocall conmemorativo coas cores do acoso escolar, así como unha proxección visual con fotos do alumnado participante portando eses carteis pódense ver nesta mostra.

Os obradoiros de convivencia escolar e prevención do acoso escolar lévanse a cabo nos centros de ensino de Narón durante o curso, coa finalidade de crear un espazo de reflexión crítica e diálogo onde abordar aspectos das relacións entre as persoas, a convivencia nos diferentes contextos, as situacións de desequilibrio e a existencia de relacións baseadas na violencia coas súas diferentes manifestacións (acoso/ciberacoso).

A concelleira de Ensino animou ás veciñas e veciños a achegarse ao Concello para visitar a mostra e comprobar a gran calidade dos traballos realizados polo alumnado.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …