O Concello de Narón acolleu a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero

A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presidiu este xoves a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero programada para este mediodía no Concello de Narón. A maiores de persoal do Servizo Sociocomunitario municipal do Consistorio acudiron á convocatoria Clara Vilariño López, responsable do SOX do Colexio de Abogados de Ferrol; Guadalupe Lorenzo, Inspectora xefa da UFAM da Comisaría de Ferrol-Narón;
Juan José Castro, Brigada da policía xudicial e Inspector Xefe –unha nova incorporación á Mesa de coordinación- e Juan Delgado, Oficial da Policía Local de Narón.

Trala aprobación da acta da sesión anterior, no encontro informouse sobre a Caixa de ferramentas que ofrece a Xunta de Galicia para coordinar este tipo de mesas co fin de dinamizalas.
Así mesmo, falouse do centro de atención 24 horas contra a violencia, operativo en Ferrol dende o pasado mes de decembro e dispoñible para as mulleres maiores de quince anos, que poden recurrir aos seus servizos sen
necesidade de ter presentada previamente unha denuncia. Asesoría xurídica, atención psicolóxica e un área de traballo social forman parte das accións que se levan a cabo a través do centro, coordinado por Clara Vilariño.

Dende a policía local e nacional expuxéronse algúns casos e situacións coas que se traballa dende os citados Corpos, que se analizaron conxuntamente. A reunión rematou emprazando ao colectivo para unha nova xuntanza, unha vez que se avance nos novos recursos que se prevén poñer a disposición da cidadanía para atender ás vítimas de violencia.

Lea también

Una mujer atropellada en un paso de peatones, en Narón

Sobre las diez de la mañana de este martes se registró un accidente en el …